Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Fica entre nós

O reloxo do tempo é imparable. Xa hai un ano do pasamento dun bo amigo: un ilustre fillo predilecto da Estrada "Mestre de Mestres", titulouno Alfonso Varela, mais eu, sen querer corrixir a tan ilustre estradense, chamareino "Mestre da Sabiduría", da retranca galega, do saber estar, da humildade, da entrega, da paciencia, e un sen fin de mestres, e no derradeiro intre, téñome que poñer a carón de Varela e plaxiarlle o título de "Mestre de Mestres". Hoxe hai un ano que nos deixou don Olimpio Arca Caldas. O seu recordo continúa entre todos os estradenses, a través da semente que plantou, xerminando con tanta forza que se espallou por todo este país, ficando entre nós para sempre. Fillos e Amigos da Estrada adicoulle unha homenaxe este ano. Alí mesturáronse sentimentos entre aplausos e bágoas. Os nervios remoían no estómago e un nó na gorxa non deixaba respirar. Ao acto acudiron moitos estradenses. Entre eles, as fillas e o fillo de don Olimpio, dando mostras de gran enteireza, como lle gustaría velos a seu pai. Arroupados polos amigos do gran mestre e amigo. Ese día sentín formar parte desa gran familia. Don Olimpio sempre me tendeu a súa man. Moitas son as cousas e consellos que lle debo pero o máis importante para min é ese recordo que sempre gardarei de perpetua gratitude. Apertas e bicos para a súa dona e fillos.

*Historiador e experto en xenealoxía heráldica e nobiliaria

Compartir el artículo

stats