Fai un ano que Don Olimpio nos deixou para facer a súa viaxe pola inmensidade do tempo e así quedar por sempre nas nosas memorias de veciñanza estradense.Velaí un fillo da Estrada referente de amor ao noso. Un conservador intenso do que somos.Traballador na teimosía de poñer en presente o noso futuro. Futuro de estradenses que será dicir galego. Botámolo de menos. Facemos afectos dos recordos.Velo aí polas nosas rúas a el indo coa súa libreta collida da man. Anotando sempre.Aprendendo sempre para ensinar. Para deixar que saber.Fai un ano.

Don Olimpio a nivel esencial podemos consideralo un mestre vocacional. Un mestre estimulado de contíno polo saber que é consecuencia da nosa tarefa veciñal e asemade ilusionado pola restauración multidisciplinar do que fomos para sermos. E iso será dicir idioma e cultura, historia e tradicións, presente e futuro. Patrimonio.

Velaí a súa man tendida, a súa sabencia disposta sempre, para que nós compartísemos ese noso Patrimonio tan significativo que nos arriquecese individualmente e asemade fose materia e substancia para facer a obra colectiva estradense para aportar á construcción necesaria do noso pobo do galego. Esa tarefa de normalización tan soñada como obrigada.Esa responsabilidade. Pois non é para menos que nos sintamos ben tendo a Don Olimpio nos nosos presentes. Sentilo indo conosco dando pasos de conquistas.

O día vintecinco deste novembro xa maior en días os nosos pensamentos terán til de intensidade nas nosas memorias e de nós resoarán as voces que se digan estradenses para que se escoite no sentir irmandado de tanto acariño dicindo: " grazas Don Olimpio.Grazas".

*Escritor estradense.