Felicidades con retraso para a ex primeira dama e o protector civil

16.11.2015 | 04:01
Jazz á sombra de O Rincón. Javier Marcos presentou onte na taberna O Rincón o seu primeiro traballo en solitario, "Ten dez". O cantante estivo acompañado por Felipe Villar, José Manuel Díaz, Rosolino Marinello e Máx Gómez. Máis de 50 asistentes que na Rúa Cega protexéronse do sol que lucia en Cangas.Santos Álvarez

Entendámonos. O de primeira dama non responde á definición clásica (e tirando a sexista, porque non hai primeiro varón) de ser a parella do presidente, senón por ser a muller pioneira en presidir o Concello de Cangas. E o de protector civil explícase pola función social que ao frente desa agrupación municipal. Resumindo, que Clara Millán e Cesáreo Coya sopraron velas esta fin de semana, o mesmo día ainda que non os mesmos anos, pero casi. Pois moitos parabéns e a seguir celebrando.

A Alcaldía de Cangas, templo mundial das mandarinas da casa

Chega esta época e dá máis gusto entrar no gabinete da Alcaldía de Cangas, donde arrecende a laranxas e mandarinas da casa que descunchan as mulleres encargadas de organizar a axenda do rexedor e filtrarlle as citas que lle chegan.Así comprendo máis as longas horas de traballo de Pazos no seu despacho, donde arrecende a estas fragancias naturais do outono. Para dar testemuño gráfico deste desenfreno frutal e frugal hai fotos dabondo, pero a profesión obriga e non vai ser hoxe. Iso si, haberá que compensar a discreción do mensaxeiro...

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine