Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Esgotadores

Se hai alguén que me esgota de forma especial é a xente que se pasa a vida pendente unicamente de "cumprir" e non "excederse" no mal. Esgótame porque cumpren, sen dúbida, pero esquécense de lanzarse ao océano do ben. E así, aos poucos (ou non tan amodo) vánselles secando a alma e as ideas, envellecen e convértense irremediablemente en xoguetes da amargura.

E esgótanme porque eu estou convencido de que as aventuras están para entrar nelas, para emprendelas, para realizalas enseguida. Non están para deixar de facelas por falta de coraxe e deixarnos morrer despois coa seguridade (ou case seguridade) de que teriamos que ter aceptado o reto.

Esta xente prefire non saírse do camiño permanecendo inmóbiles no asento do carrusel. E certamente nunca descarrilan pero xamais avanzan. Quizais por iso non só esgotan senón que tamén marean (a perdiz).

E esgótanme porque son esgotadores por natureza: nin andan nin deixan andar.

E, por se isto fose pouco, o común é que estes que cren cumprir sen risco a equivocarse adoitan levar nas súas entrañas o niño dunha das criaturas máis putrefactas e esclerotizantes: a envexa. Esa que provoca no que a posee unha cegueira que impide ver cousa boa en todo o que se saia do seu dominio, especialmente naquilo que cheire a "arriscado". Porque a súa preocupación maior é a de conquistar a alma do veciño para sometela á súa amargura (esquencendo que é a súa propia a que está deixando fóra de todo control).

Sensatez, realismo e recoñecemento do que en verdade importa. E coraxe, moita coraxe para tourear a vida, ás veces con capote e ás veces a peito descuberto.

E aos esgotadores... o poema dun simpático literato: "A nadie tengas envidia / que es muy triste el envidiar. / Cuando veas a otro ganar / a estorbarlo no te metas: / cada lechón en su teta / es el modo de mamar."

Compartir el artículo

stats