Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Actividades nos centros sociais

Qué pasa realmente coas actividades que se imparten nos centros sociais da comarca do Deza?

Isto podería pasarlle a calquera profesional cualificado que, confiando nas súas posibilidades profesionais, decide arriscar e hipotecar o seu tempo, coñecementos-experiencia e diñeiro para sacar un proxecto adiante. A María (casada, no paro e o seu marido carpinteiro), a Manuel (panadeiro), a Adrián (hostalería) e a Pepa e José (gandeiros de profesión) e un longo etcétera no que poderiamos encaixar calquera profesión.

Qué vos parece se un dos vosos veciños ou veciñas:

-Aproveitando que o concello construíu un centro social-pavillón-polideportivo montase unha carpintería, unha panadería, unha cafetería ou unha granxa aí evitando ter que pagar un aluguer, unha hipoteca, custos de amortización e adaptar a instalación para poder obter a correspondente licenza de actividade?

-Ademais non fai fronte a custos de persoal nin de Seguridade Social, limpeza, mantemento, reparación e equipamento da instalación porque xa pasa un empregado do concello a abrir, limpar, manter, reparar e equipar a instalación; ou custos de electricidade, gas ou gasoil e teléfono e impostos como o IBI, recollida de lixo, auga? porque xa corren á conta de todos os veciños; e que non pague á SGAE, á AGEDI, á AIE nin á EGEDÁ, ou estar ao día coas leis de protección de datos e de prevención de riscos laborables ou calquera outra carga específica de cada profesión que vos estean cobrando ou supuxéravos un gasto para adaptarvos á normativa correspondente.

-E que dicimos dos seguros da instalación, de responsabilidade civil...?

Os ximnasios fixamos o prezo das actividades tendo en conta todas estas variables e gastos, mentres que unha persoa que se aproveita das instalacións públicas só ten en conta o prezo dos ximnasios para poñer o seu moito máis barato e arrasar co mercado e non porque sexan máis competentes no desempeño da actividade.

Queda claro que sufrimos competencia desleal e ilícita por esas persoas que imparten actividades iguais ás nosas valéndose de instalacións públicas. A solución pasa por que todos xoguemos coas mesmas regras, en igualdade de condicións. Ou se pon coto e se prohíbe facer negocio nas instalacións públicas ou o concello asume tamén os nosos gastos necesarios para levar a cabo a nosa labor eliminando así a situación de competencia desleal.

Son Carlos Fernández Rodríguez, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e xerente de Ferro´s Ximnasio, aínda que tamén falo en nome de Antonio Riádigos, xerente de Di Som. Profesionalmente somos competidores e, ante todo, deportistas e, como tales, Di Som e Ferro´s Ximnasio levamos máis de dez anos traballando e competindo deportivamente en Lalín.

Conclusión: Preocúpanos e prexudícanos que se lles permita a estas persoas competir en condición de dopadas.

Compartir el artículo

stats