Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Manolete, si no sabes torear...

Monseñor Charamsa:

O pasado xoves sorprendíasnos coa confesión pública da túa homosexualidade presentando ante os medios ao teu noivo catalán co que levas non sei canto tempo convivindo. Sabías ben que e cando o facías. Convocaches á prensa e incluso fuches morbosamente astuto á hora de elixir a roupa que poñerías ante os xornalistas; non elixiches unha gravata vermella sobre camisa branca, nin sequera a camiseta de raias coa que sacabas algunhas das fotos colgadas no teu Facebook, non; decidiches deliberadamente vestir de clerygman para que non coubese dubida algunha sobre o teu sacerdocio. Entendes?

Non me importa demasiado a túa condición homosexual, a verdade. Moléstame, iso si, a túa falta de honradez, coherencia e delicadeza. Fuches membro da Congregación para a Doutrina da Fe (outrora coñecida como o Santo Oficio) e coñeces o Catecismo da Igrexa Católica e o artigo no que se afirma que "un número apreciable de homes e mulleres presentan tendencias homosexuais profundamente arraigadas. Esta inclinación constitúe para a maioría deles unha auténtica proba. Deben ser acollidos con respecto, compaixón e delicadeza. Evitarase, respecto deles, todo signo de discriminación inxusta". Pero onde deixaches a promesa de celibato que fixeches libremente (porque che deu a real gana!) o día da túa ordenación sacerdotal? Ese celibato que, segundo os documentos da congregación na que traballaches, é a "maneira eminente de dedicarse máis facilmente a Deus e aos demais con corazón indiviso". Entendíalo.

Ademáis dis sair do armario para axudar a non sei quen. Querido amigo, na miña terra hai un refrán que di que vai a formiga a mexar ao mar e pensa que axuda. Xa me entendes.

Sinceramente augúroche un futuro non moi afastado de estudios de televisión e moita maquillaxe. Pero non durará moito, veralo e entenderasme.

Conste que respecto absolutamente a túa condición sexual pero non podo tolerar a ofensa deliberada que pretendiches facer á Igrexa e aos sacerdotes.

En definitiva, como canta o pasodobre: "Manolete, si no sabes torear, pa que te metes?" Ou como reza o cancioneiro galego: "Se mo deches non mo deras, eu pedir non cho pedín, déchesllo a quen quixeches, e quéresmo cobrar a min." Enténdelo, verdade?

Compartir el artículo

stats