Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Balcón

O centenario caníbal

É tradición, en tódolos niveis de participación política, asignaren un denominado "período de graza" que, xeralmente, abrangue os primeiros cen días de mandato do neonato ou confirmado gobernador da "res pública".

Facelo en Marín en ben distinto. Non é a equipa de goberno un conxunto de recen chegados ó mandato, ni tan siquer o mesmo lobo con distinta pelaxe: son os mesmos e mesmas, pouco mudou no equipo de goberno do Partido Popular mais ala de retoques estéticos e vagamente formais.

Neste panorama de tradición na crítica á centena de días do goberno municipal dáse o abráiante paradoxo de que si quixeramos facer noticia de algo poucos serían os mimbres co que tecelo canastro informativo: o PP vai ó miso, continuísmo.. acaba de afirmar María Ramallo nestas páxinas.

Pola contra parece mais doado e noticiable darlle a volta á tortilla e falar, nesta ocasión, do "centenario" da oposición: está si ten mudado, tanto na cantidade como na cualidade, novos e novas membros ocupan as bancadas da disposición; permítanme a licencia que tenta reflectir o auténtico estado da oposición: mais preocupada por figurar que por facer, por destacar que construír, por divagar que por concretar, por afirmar que confrontar . Entendese ben este desatino: un resultado electoral desastroso para o PSOE e o BNG que , como aconteceu na pasada lexislatura, aínda non foi analizado e dixerido polos aparellos e militancia destas dúas organización. Agochados nas matemáticas D' Hondt que lles asignan unha representación minguada pero visible esperan que o tempo todo o cure e, como aconteceu na anterior lexislatura, recuperar o pulso alo polo primeiro trimestre do 2019, a escasos meses das seguintes municipais.

A maiores albiscase xa , tanto no BNG como no PSOE, un afloramento do canibalismo político que caracteriza - de forma singular - as agrupación locais destes partidos: devorar ó colega, o compañeiro recomenza a ser unha urxencia para aqueles que deron un paso atrás para tentar combatelo éxito do PP e o "Síndrome Pódemos" mediante unha estratexia de "apertura a sociedade"; "todo ten que volver a como estaba antes" a conta do fracaso mais que obvio destas "políticas aperturistas".

Sobran as ovellas e non tardaremos moito, nada, en ver como os novatos, os cordeiros, son devorados polos lobos de sempre. Neste contexto é normal - e lamentábel -que a oposición non oposite e que o goberno goberne sen maior atranco que sua capacidade ou incapacidade.

A nova organización que completa o triunvirato opositor pouco pode facer e menos fai por presentarse como unha alternativa política seria: estes xa fixeron antes o festín caníbal - só lobos da mesma manada - e , polo tanto, poucos espectáculos de canibalismo veremos a curto prazo.

En definitiva: é un luxo para o PP navegar ca mar calma e cos ventos da oposición propiciando a empopada; é lamentábel non escoitala voz da metade da cidadanía. Entre luxo e lamento é o segundo o que mais arrepía e noxo desperta na intelixencia democrática

Compartir el artículo

stats