Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Alexis Tsipras

Alexis Tsipras era un verso solto, ou quizáis a versión grega da película de Vicente Aranda El amante bilingüe. Un auténtico estudo sobre a cuestión homérica, na pranta que antes producía papiro, e que agora produce marihuana. A mesma da que parece configurarse Podemos: Pablo Iglesias, ese que canta, poeta rueiro. Aspiran a gobernantes cultos, para acabar en figuras broncíneas coma Felipe González. No día en que nos deixou Lina Morgan, coa que aínda nos ríamos un anaco, cando vestía a camiseta do "Atleti".

Cando pensábamos que a política de vangarda non era soamente o señorío do palco do Santiago Bernabéu, cando somos poucos os que cabemos nun peto de pantalón de cabaleiro, os poucos que aínda persistimos na mesma, ou "nello" sen que se nos vaia a vida niso, tan só os os ideais e parte da barricada que un día mesturamos con bágoas de conquista social. Cando críamos que a liga xa era propiedade do Madrid, voltamos para quedarnos a ver dende as butacas a Messi e ao seu sinónimo papal: Francisco. Manaias para os galegos, Mesías para outros. Cando vimos por primeira vez que conseguíamos por nós mesmos a liberdade, que non nola deran en bandexa coma aos "precursores Jovellanos". Xorde a pregunta: Qué foi daquel masón, agora que aos sefardíes lles dan a nacionalidade española,se dominan o castelán, iso si? Aquelo que nos corroe por dentro e por fóra, mais non chega ao cerne. Aquelo que nos doe, que nos ten en vilo... A forma de sentir país, ou o que se di de sempre de que "tírame a terra". "A morriña de Bebeto"... O peite dos ventos no veciño Gijón... Ou a poesía de Manuel Altolaguirre. Son cousas, ou cousas veredes... Faríase necesario voltar aos principios do humanismo, pero para iso xa temos a Mourinho no Chelsea.

Pero falábamos de Alexis Tsipras. Alexis, como dixera un día Nietzsche por España, foi un gobernante que quixo ser demasiado. De querer rizar máis os rizos do pai do liberalismo: Adam Smith, afeitar os bigotes cervantinos e escribir en prosa poética dicindo aquilo de que Europa xa non é o centro do Universo. Qué faría en Moscova? Ao mellor tamén se fixou en Rodrigo Rato... O caso é que dimite e convoca eleccións anticipadas para que se pronuncie Grecia, como quen lle entrega o poder a quen sabe que a resposta é: Qué poder?

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats