Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Bágoas polo río dos Gafos

Setembro no tempo das amorodos das silveiras xá asiña an madurecer as uvas ca cor do ouro vello para escomenzar ca vendimia, reverdecen as ourelas ca choiva destes días para ser verán non vai o rio moi falto de auga, imos comentando as novas do río cando alguén dice ue tratándose do Gafos a noticia de que non se vaisanear é a crónica dunha morte anunciada por tratarse do río dos aldraxes.

Cando chegue a invernía cas choivas e se colapse o colector e reventen os pozos contamiñando o cauce e as tuberías non teñan capacidade para asumir as augas residuales dos polígonos e indsutrias a carón do río lembrremos que tibemos a solución para evitalo e non o fixemos e todos votaremos a culpa a outros ou miraremos para outro lado asumindo que é un caso perdido.

O sinto por unha xeneración que coñeceu un río precioso descontaminado no centro da cidade e no tramo mais fermoso permañece aínda tapado ao igual ca ría que coñecemos sin unha indsutria contamiñante quizais nós somos culpabeis de deixar a ría e os ríos peor ca os coñecimos. O sinto por Vaipolorío ou a Defensa da Ría que seguen a loitar e non se renden sos, sen o apoio masivo da veciñanza como sería o deseable.

Na nosa infancia cando estempos estabam cambeando había un lema do maio francés que era que debaixo dos adoquís estaba a praia, como explicamos nós a esta xeración que naceu con Celulosas aí e co tramo mais fermoso do Gafos tapado que debaixo desa industria contamiñante que frea o progreso e a riqueza había unha praia, que non é un lema, que a nosa xeneración se bañou nela, é que debaixo deste paseo de formigón atópase un río que non son utopías nin contos de vellos noxstálxicos, que nós xogamos e bañámonos nel.

Asiña chega a Feira Franca e a cidade volta ao medievo virtualmente pero ao ver certas actuacións mais ben parece que nunca saimos del , que nos seguen a gobenerar dende un castelo próximo vixiantes que nadie sala do rebaño do exértio dos caladiños que sega todo a esgtar como sempre, a fábrica contaminando a ría e o pobre río que sexa o que ten máis vertidos e sen destapar, e que non pensemos moito pois para pensar xa están eles, os máis lisstos, os políticos que viven deso e nós soio nos temos que preocupar de votalos naas eleccións.

Compartir el artículo

stats