TRIBUNA pública

Esperamos un chisco máis de xenerosidade

31.08.2015 | 02:09

Van xa aló uns días do pasamento do benquerido Luís Rei, e é loable de gratitude o ofrecemento de pórlle o seu nome á Casa de Cultura de Cambados, tal e como así o acordou o Concello Pleno por unanimidade o xoves pasado, ou mesmamente de que o legado do vate don Ramón Cabanillas vexa a luz mediante a súa exposición pública, como el o desexou; pero sen dúbida Luís Rei é merecente dun algo máis.

Sinceramente creo que o pobo de Cambados está en débeda con el e o estará de por vida. E que maior recoñecemento e xenerosidade por parte do Concello de Cambados que distinguilo co nomeamento de Fillo Adoptivo a título póstumo?

O de menos é quen comece o seu trámite e consecución, ben sexa por iniciativa popular, ben pola formación dunha Comisión ou Plataforma, ou se é o Concello por motu proprio quen o leve adiante. Modestamente entendo que é de xustiza como adiantou o relator da moción, ao incidir nese primeiro chanzo -o pórlle o seu nome á Casa de Cultura- doutros que teñen que vir no futuro, para dar a coñecer o labor, a valía e méritos de Luís Rei de cara ao seu recoñecemento público e difusión por parte das institucións.

Xesús María González adicoulle un libro a Luís Rei.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine