obituario

A Rafael Cuñarro

25.08.2015 | 03:04

Cando as últimas notas dunha obra chegan ao seu fin, o auditorio imprégnase deses sons, nun momento máxico no que toda a Música se apodera dos nosos corazóns.Rafael Cuñarro García, o señor Rafael para a familia da Banda de Lalín, vén de tocar as súas últimas notas, de empregar o seu último alento para lembrarnos todas e cada unha das leccións que del puidemos aprender. Con máis de oito décadas ás súas costas foi quen de manter a trompeta nos beizos ata os últimos compases convertíndose non so no músico máis veterán da nosa agrupación senón en todo un emblema para a vila de Lalín pola súa paixón, enerxía e ilusión. Nunca desaproveitou un momento de descanso nos ensaios, despois dun pasarrúas, mentres agardabamos para a procesión ou antes de comezar un concerto para arrincarnos un sorriso contándonos as súas andanzas polo mundo adiante ou aconsellándonos sobre os segredos da felicidade. Nas súas historias adiviñábase o valor de quen loitou lonxe da terra pola prosperidade da súa familia, a mesma entrega e dedicación coa que nos agasallaba a todos coa consciencia de que as forzas ían a menos pero coas ilusións intactas e unha vitalidade desbordante. Nestes momentos duros queremos arroupar á súa familia e abrazalos co sentimento co que Rafael nos contaxiou. Quixeramos ter esa palabra de ánimo que el sempre atopaba e transmitirlles o noso agarimo e o orgullo polo que a súa figura representou, representa e representará ata o fin dos tempos na nosa historia e nas nosas vidas. A Banda de Lalín perde a un músico, a un amigo, a un pai, pero todo o que vivimos co señor Rafael non fixo se non enriquecernos e facernos mellores e por iso a nosa lembranza hacia el sempre estará presidida por un gran, profundo e sincero sorriso.

Descanse en Paz.

A Familia da Banda de Lalín.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

POR RAFAEL L. TORRE

El Hotel Universo

Pontevedra conoció la modernidad en aquel establecimiento tan chic y disfrutó mucho de sus...

 
 

La calle que debe ser para Pepe Simón

La clase política, ya se sabe, no acostumbra a tener buena memoria....

 
 

JUAN JOSÉ MARTÍNEZ JAMBRINA*

Proust en el olivar de Saramago

El análisis de los psicoanalistas de los llamados "locos geniales"

 
 

MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ COELLO

Orense Balneario tiene mar

Orense Balneario tiene mar. Es una localidad integrante en el partido de Tres Arroyos, al sur...

 
 

PILAR GARCÉS

Las dos Españas de Sabadell

La propuesta de quitar a Machado, Quevedo o Goya del callejero de la localidad catalana

 
 

PEDRO DE SILVA

Cargas de nuestra civilización

El objetivo del terrorismo, como su nombre indica, es provocar...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine