tRIBUNA LIBRE

O mundo das emocións

22.08.2015 | 02:38

¿Nalgunha ocasión se preguntaron vostedes que fai que algunhas persoas encaixen tan ben as críticas, non perdan a compostura ante o que pode parecer unha provocación e semellen ter un don para comprender e actuar dacordo ó que os demais están a sentir? Todas estas persoas comparten unha habilidade esencial: a intelixencia emocional. Aínda que durante décadas o mundo das emocións apenas recibiu atención, froito quizais da popularidade da que gozaban outras teorías que daban prioridade ós factores racionais por riba dos emocionais, nos últimos tempos son cada vez máis as voces que outorgan ó mundo das emocións un papel fundamental. Un estudio realizado a nivel mundial polo "Consortium for Research on Emotional Intelligence in Organizations" puxo de manifesto un resultado revelador: o noso cociente de éxito depende nun 23% do noso cociente intelectual e nun 77% das nosas aptitudes emocionais. É dicir, o manexo das emocións inflúe no éxito o triplo do que o fai o CI. Os resultados deste estudo, xunto coas aportacións doutras moitas investigacións levadas a cabo durante as últimas décadas, contribuiron a trasladar á sociedade a inquietude que polo mundo das emocións xa se viña amosando dende o ámbito académico. Mostra deste crecente interese é o feito de que Pixar decidira centrar a trama da súa última película, "Do revés", no mundo das emocións. A través dunha fantástica aventura ó interior de nós mesmos os xenios de Pixar invítannos a coñecernos mellor, a entender por que actuamos como actuamos e a derribar algúns mitos existentes respecto do ámbito emocional, como a falsa crenza de que emocións como a tristeza ou o noxo non cumplen función algunha e polo tanto son prescindibles.

O certo é que o auxe da intelixencia emocional non é un feito aillado senón que máis ben forma parte dunha serie de cambios que se viñeron producindo nos últimos anos na forma de entender a intelixencia. Estamos comenzando a comprender que o intelecto humano é moito máis complexo do que unha cifra obtida a través dun test estandarizado poida indicar. Cada vez son maiores as evidencias que perfilan a intelixencia humana coma un constructo cargado de matices que converten a cada persoa nun individuo único. Este individuo relaciónase co seu entorno facendo uso das múltiples intelixencias das que dispón, dende a corporal ata a musical, e por suposto a emocional, que está chamada a ser a competencia clave para o cidadán do século XXI. No haberá éxito sen o dominio e a regulación das propias emocións, sen a comprensión dos estados emocionais das persoas que nos rodean e sen o dominio de habilidades sociais que nos permitan interactuar cos demais dun modo saudable e efectivo. En consecuencia, é o momento de traballar como se merece o hemisferio dereito do noso cerebro, ese que durante anos foi "educastrado" ben porque se descoñecía a súa función ou porque quizais non interesaba estimular esa parte de nós que nos permite soñar, emocionarnos ou ser creativos (capacidades todas elas incompatibles co vello lema da letra con sangue entra).

Chegados a este punto o reto agora está en conseguir que a educación emocional sexa por fin protagonista nas nosas escolas. As novas xeracións precisan que lles axudemos a mirar dentro de si mesmos, a coñecerse mellor e a autorregularse para deste xeito poder ser actores protagonistas da súa propia vida. Esa é a mellor ensinanza que lles podemos deixar.

(*) Veciño de Xaxán

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine