In Memoriam

A Luis:

12.08.2015 | 03:57

Moito che debemos Luis, no persoal e no político. Sempre tiveste un bo consello que dar, pois foches un manancial inmenso de sabedoría. Eras un intelectual que fuxía da seriedade gris para irradiar coñecemento, con retranca e un finísimo humor, eso te distinguía dos demáis. Canto nos divertiches e canto nos ensinaches. Unha dialéctica dificícil de superar. Que responsabilidade entón falar de ti nestes difíciles e tristes intres para quenes compartimos contigo parte da túa vida política. Lonxe queda a década dos 90, onde deixaches unha pegada inesquécibel no partido e, sobre, todo na Corporación. Aportaches sensatez ao BNG nun momento en que a precisaba, e todos os que tivemos o pracer de compartir traballo, cafés, plenos, ou sequera algunhas verbas contigo sabemos que moito tiveste que ver na evolución do partido e tamén no nacimento de Galiza Nova, que naqueles anos daba os seus primeiros pasos no pobo. Aportaches un nivel e unha honestidade política moi altas, dos que nunca che estaremos suficientemente agradecidos. Foches o máis coñecedor da historia política e social da nosa vila. Lembran por aquí que se te houbese que definir con algún adxectivo sería o de imprescindible entre os imprescindibles no panorama político, artístico e cultural alén de Ogrobe e do Salnés. Pero, se dende logo hai algo que destacar de ti, é que eras unha persoa respetada por todos, daba igual a cor ou a ideoloxía. Foi un pracer escoitarte e aprender, sempre, compañeiro. No día do teu pasamento non podemos facer outra cousa que rendirche a máis humilde das homenaxes, porque non é doado topar verbas que poidan estar á túa altura. Todos saben que deixas un legado na cultura do país, pero tamén o deixas no BNG pola túa implicación e a túa maneira de facer política. Ata vernos, Luis.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ANTONIO TOURIÑO

Números amigos en contra de O Salnés

Resulta que ahora una buena gestión pasa por cerrar la tercera...

 
 

FEDERICO MARTINÓN SÁNCHEZ

La dualidad y la plurinacionalidad española

Cuando uno lee y relee los escritos de notables autores...

 
 

POR RAFAEL L. TORRE

Los circos que llegaron en trenes

El francés Zoo Circus en 1927 y el alemán Carl Hagenbeck en 1934...

 
 

JULIO SANTOS PENA

´Patata caliente´ para María Ramallo

Pinga Pinga La carrera "Pinga-Pinga" se va a convertir en...

 
 

ISABEL VICENTE

El fin del mundo

Aquí seguimos. El planeta Nibiru no chocó ayer contra nosotros -tal como predijo...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Juventud alemana

Me han parecido extremadamente interesantes las reflexiones de un joven estadounidense que vive...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine