tRIBUNA LIBRE

Ao pobo de Lalín

09.08.2015 | 03:22
Ao pobo de Lalín

Non hai maior orgullo que servir ao teu pobo. Ao longo de 36 anos tiven a honra de ser elixido democraticamente para representar, na condición de concelleiro, á veciñanza de Lalín. Ante todo, grazas pola vosa confianza e afecto. Asimesmo, quero expresar o meu agradecemento ao actual alcalde, D. Rafael Cuíña, ao grupo municipal do PSdG-PSOE e ao meu partido, polas palabras de recoñecemento público que me tributaron neste adeus e, por suposto, ao exemplar e admirábel persoal ao servizo do Concello co que traballei todos estes anos.

En primeiro lugar, quero transmitirlles a todos aqueles que votaron confiando na miña presenza na corporación municipal que nada máis lonxe da miña intención que abandonala ou defraudalos. A miña renuncia prodúcese motivada pola petición do partido co que acudín ao último sufraxio, en ningún caso por iniciativa persoal, pois seguiría gustoso loitando polo ben de Lalín dende o posto que as últimas eleccións me depararon.

O pasado tres de abril cumpríronse 36 anos daquelas tan lonxanas, e tan próximas, primeiras eleccións democráticas municipais, logo do pronunciamento inequívoco do pobo a favor dunha Constitución que sustentara un cambio democrático baseado nun pretendido Estado social e de dereito. O pobo de Lalín comprometido coa nova situación saíu á rúa e fixo do voto a súa fortaleza para encher de participación real a nova etapa municipal.

Gustaríame recordar a todos os que daquela recibiron a confianza para gobernar, e aos que con eles compartiron dende a oposición o impulso democrático que os empurraba a abrir novos camiños. Non me esquezo, tampouco, dos que aínda que non acadaron o éxito desexado nas urnas, deron fe da mesma vocación democrática. Abríase, para toda unha xeración, unha ansiada e ilusionante etapa de liberdades, dereitos e, por suposto, obrigas. Unha etapa que, na súa complexidade, esixía unha tenaz actividade e un esforzo constante para facer propias as arelas veciñais acumuladas durante tantos anos.

Neste tempo tocoume vivir innumerábeis situacións, unhas mellores ca outras, pero todas tratadas coa maior responsabilidade, respecto, aprezo e a máxima consideración hacia o meu pobo. A miña humilde achega á vida municipal sempre intentei enmarcala na discreción e baixo a perspectiva de axudar nos intereses da veciñanza, sen outro valor que aquel que se espera do deber cumprido en calquera faceta da vida, meta que sempre perseguín por enriba de todo.

Certamente, coido que todos os implicados miramos con afecto a obra deste traxecto democrático. Primeiro baixo a batuta do ilustre e benquerido don Xosé Cuíña, como primeiro rexedor de tan fermosa aventura institucional e da man de quen aterrei no mundo da política municipal. Logo de don Xosé Crespo, ao lado de quen compartín 28 anos de mandatos, e por último, aínda que efemeramente, de don Rafael Cuiña, acompañados en todo momento polos membros das distintas corporacións que se sucederon, e sempre, en definitiva, coa mirada posta no progreso do pobo lalinense.

Temos un gran pobo, intelixente, traballador, aberto á colaboración e á solidariedade; que dende un sólido fundamento agrario e gandeiro, foise orientando tamén a prol dun comercio e dunha industria que avanza adaptándose cara o futuro. Como conxunto somos unha sociedade ben artellada, unida por esforzos comúns, que profesamos profundo amor pola nosa terra. Malia dificultades o noso pobo creceu, e debe seguir crecendo sustentado nun desenvolvemento firme, sostible e de respecto.

Valga dicir que, na miña nova posición lonxe do eido institucional, seguirei loitando e axudando da man con toda a veciñanza para que o pobo de Lalín continúe prosperando.

A Lalín e a toda a súa veciñanza, moitas grazas.

*Exconcelleiro de Lalín

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La imagen

Probablemente, lo peor de lo que ha ocurrido estos días con el overbooking de visitantes a las...

 
 

Cánovas, Rodrigo, Adolfo y...

Mi amigo Paco García, que vive en Gijón dedicado a altos menesteres...

 
 

ANXEL VENCE

Maridos de la muerte

Enamorados de la muerte ajena e incluso de la suya, los soldados de la Guerra Santa acaban de...

 
 

FERNANDO SCHWARTZ

El horror

La naturaleza de la mezquindad humana

 
 

PEDRO DE SILVA

En la inopia, me temo

¿Estaremos en guerra? Veo la foto de dos soldados libaneses en lucha contra el ISIS...

 
 

FRANCISCO SOSA WAGNER

Sexismo en la música

El regreso de la censura en los bailes de verano

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine