Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os camiños da vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Tarek Aziz

Lembro os procesos de Nuremberg. Foron difundidos, paso a paso, pola prensa e radio de todo o Mundo. Logo vexo Eichamann na súa gaiola de cristal blindado. Neste caso, os xudeus volveron demostrar perante a opinión planetaria a criminalidade nazi. Primeiramente, os EE UU estableceron a categoría (por medio dos intelectuais orgánicos) de países "rogue" ou sexa "maus" de historieta de Flash Gondon por Alex Raymond.

Despois fabricaron un mostruo a base de Saddam Hussein, que ía aconsellado polo visir perverso chamado Tarek Aziz. E declaráronlle a guerra total a Irak. Venceron prontamente os EE UU. E caíron prisioneiros Saddam e Tarek, entre outros. Os procesos e vistas, se os houbo, non foron públicos nin transparentes como foran os citados de Nuremberg e Tel Aviv. Ninguén sabe nada das actuacións xurídicas. Descoñecemos os métodos seguidos nos interrogatorios aínda que o mundo, visto que pasou e pasa en Guantánamo, pode pensar o pior. Nunha foto famosa vese Saddam Hussein cun sedeño de nó corredío arredor do pescozo: enfórcaronno como se fai cos ladróns nas películas do Far West. A Tarek Aziz, vicepresidente, conmutáronno para el pasar en prisión o resto da vida. Tarek acaba de morrer con 78 anos.

El, alén de político e revolucionario, foi o intelectual típico da miña xeración. Lera moito Sartre, alén dos teóricos libaneses, como Alfred Assad, da doutrina Baas, ou sexa do panarabismo laico e socialista. Tarek Aziz asistiu de cativo, ao golpe progresista que acabou coa monarquía en Exipto e situou, no poder Gamal Abdel Nasser, quen, cos sirios, quixo facer realidade o belo soño da República Arabe Unida.

Cando os ancestros nosos aínda lle facían ofrendas a Nabia, a Endovelico, a Berobreo, os antepasados de Tarek xa eran cristiáns e tal vez nestorianos se se quer o matiz. El aprendou moito dos poetas que renovaron as letras árabes na emigración latinoamericana dos anos trinta do século XX en contacto con Pablo Neruda e García Lorca. Tarek Aziz era de familia cristiá, pois. Era a amósega vivinte de que o Islam non é para nada elemento constitutivo da nación árabe. E por cima, a súa análise da dependencia colonial e da neocolonial era marxista.

Caída a URRSS, as persoas coma Saddam ou Tarek ou Gadaffi ou Arafat estaban en perigo. Foron caíndo, e deixaban atras a relixión, a barbarie e os caos. Este inferno foi creación dos EE UU. Acaba de morrer Tarek Aziz case ao mesmo tempo que G27 se reunía no Niño da Aguia.

Compartir el artículo

stats