Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dende o meu sofá

Hai amores inesquecibles

Hai uns anos (non demasiados pero suficientes) coñecín a un bo tipo. Unha desas persoas que cunha soa ollada é capaz de abrirche en canal o corazón e deixar a alma espida. Unha persoa que demostrou coñecerme dende o comezo da Historia e amarme dende sempre co maior dos amores.

Hai uns anos (non demasiados pero suficientes) soupen dalguén que me fixo entender que a verdadeira grandeza xamais se poderá explicar con siloxismos senón só con corazón.

Coñecín a alguén que saboreou a traizón dos seus "amigos", que probou as corruptelas e a sede de sangre dos vampirescos poderosos, que sentiu o engano dos que aprauden cunha man mentres coutan o coitelo coa outra.Hai uns anos tiven noticias reais dun home que soupo ser home ata o extremo de aceptar o miserable prezo que os seres humanos poñemos a todo, incluso aos que nos aman. Un home que foi capaz de deixarse asasinar por estar, simplesmente, tolo de amor; pero de amor do bo, do de verdade.

E por coñecer a alguén así moitos foron os que compartiron e comparten o seu mesmo destino. Por que o mundo daquel momento segue a ser hoxe o mesmo mundo.

Si. Coñecín a alguén que viveu plenamente o sofrimento, a dor, a soedade, a traizón, a corrupción e tamén a paixón. E así, por el, os que hoxe camiñan sobre os rotos cristais da vida poden estar seguros de que non camiñan sós. Hai uns anos (non demasiados pero suficientes) coñecín a un bo tipo. Unha desas persas ás que merece a pena seguir de preto. E sentinme amado, con todo o que son e con todo o que teño. E por iso, por que nesta vida hai amores inesquecibles, volvo celebrar a Semana Santa.

Por ese alguén que, aínda que o cravamos nun madeiro e lle atravesamos o peito cunha lanza, segue milagrosamente vivo.

Compartir el artículo

stats