Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Balcón

Seguridade xurídica

Polo publicado estas últimas semanas a "seguridade xurídica" e a "reorientación da política industrial" son os piares das reivindicacións da recen constituída "Plataforma Apoio á Industria". Baixo este paraugas "social" argallase uns obxectivos, estes si, mais concretos e reais: "Continuidade de Ence e do Porto de Marín".

Compre felicitarse pola chegada ó debate social dun grupo de empresarios que, lexitima, activa e nobremente, defenden os seus interese e colateralmente -segundo afirman- os do conxunto da sociedade. Nesta dirección apuntabamos en novembro do 2013 nestas páxinas: "Os pragmáticos alegan que xera emprego (o porto) mais compre preguntarse si, neste dilatado período de inseguridade legal e crise económica, é crible que empresas con visión a longo prazo valoren como viable unha aposta inversora que mais que tal, por mor de numerosas sentenzas, estase a converter nunha lameira xurídica" (FdV 2013.11.29).

Non pode ser mais concordante a solicitude da Asociación -seguridade xurídica- co que algúns solicitabamos: o concurso proactivo das empresas en perigo na contorna, a agregación masiva do tecido empresarial, o establecemento de canles de dialogo e negociación cos actores do litixio portuario.

Non foi, non é así: tentase -cecas sibilinamente- culpar a unha das partes do Armagedón Industrial que parece achegarse a Pontevedra. Espállanse insinuacións -o peor tipo de insidia- sobre unha das partes sen aportar datos, probas ou testemuñas. Empregase a teoría da conspiración para desacreditar a unha das partes, sen nomes, sen apelidos, estendendo o halo de sospeita ó conxunta dunha comunidade sen prever as consecuencias do conflito social.

Pola contra a parte contratante, as Administracións Públicas, son exoneradas e requiridas para actuaren na construción dun corpo normativo e plans de acción que contradixen, de forma mais que evidente, a demanda da Plataforma Industrial: seguridade xurídica.

Seguridade xurídica existe, dabondo, reiterada, contundente, casque extenuante: é unha seguridade xurídica de todos e para todos; de toda a sociedade que -a traveso da elección democrática dos órganos lexislativos do Estado- dotase de leis e normas que interpretadas polos órganos xurisdicionais todos e todas debemos cumprir.

¿Alguén pode dubidar de que existe seguridade xurídica cando reiterada e contundemente o TSXG, o Tribunal Supremo? pronunciase unha e outra vez a prol dunha das partes no litixio? É incomprensible a negación da evidencia, agás que se tente que a norma, que a lei se constrúa e interprete a medida de parte, en defensa dos intereses particulares duns poucos e en contra dos de todos e todas. Iso, contan, foi o que pasou cando tivémo-la fortuna de que se instalara Celulosas o noso carón.

Non é ese o camiño: dialogo e negociación e, si é necesario e esixible, responsabilidade e rectificación.

Compartir el artículo

stats