Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

Responsabilidades en Cortegada

Segundo un dito moi vello, de feitos raros obtéñense, tamén, resultados raros. Todo isto vén a conto co sucedido no castro de Cortegada, porque os resultados da destrucción parcial dunha parte do terraplén do antecastro inferior son a consecuencia inmediata dunha planificación urbanística mal xestionada e manipulada, posiblemente, de forma intencionada. Non se pode empregar como argumento válido para xustificar a actuación destructiva habida neste xacemento arqueolóxico, a prolongada vixencia do plan urbanístico de 1981, aínda que este PXOM sexa anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia. A Lei de Patrimonio Cultural está por encima de calquera PXOM e o castro de Cortegada atopábase debidamente catalogado pola Xunta de Galicia, desde 1989, coa referencia GA36052044.

No suposto de que unicamente se tivera en conta o PXOM de 1981 para actuar nos terreos do castro de Cortegada, convén ter en conta que no artigo 102 recoñécese como Solo Non Urbanizabe de Proteccion Especial (SNUPE), o correspondente a predios rústicos de situación pintoresca ou recordo histórico (condición que cumpre sobradamente este castro). No artigo 105 deste PXOM, tamén se establece á necesidade de redactar, por parte do concello, plans especiais de protección naqueles espazos que reunan condicións especiais, incorporándoos a un catálogo específico do que formaban parte, inicialmente (1981) o Mosteiro de Carboeiro, a igrexa de Martixe, a igrexa de Breixa, a ponte románica de Taboada e a fervenza do río Toxa. Logo, se o Concello de Silleda non desenvolveu adecuadamente o seu propio PXOM a medida que entraban en vigor leis e decretos lexislativos, ao tempo que a Consellería de Cultura catalogaba o patrimonio galego, non poden eludir responsabilidades por culpa do seu anquilosamento.

Calquera persoa pode consultar a páxina web do Concello de Silleda, na que está colgada a acta da sesión extraordinaria da xunta de goberno local do 23-10-2014, onde se aproba por unanimidade o proxecto de rehabilitación superficial do vial e senda peonil no lugar de Santa María de Cortegada. Nesa mema acta tamén aparecen as siglas do arquitecto que elaborou dito proxecto, quen, a súa vez, é nomeado director das obras. Indícase todo isto porque o señor alcalde de Silleda pode disculparse dicindo que o concello tan só se limitou a executar o proxecto aprobado e nel, supostamente, non se poñían limitacións ao respecto, nin se mencionaban afectacións ao castro de Cortegada.

E se todo isto resulta certo, porque unicamente se tivo en conta o paralítico plan de ordenación de 1981, tamén hai que ter en conta que os danos producidos non afectaron tan só ao castro, senón, tamén, a outros bens da igrexa parroquial, como era o vello valado que recorría unha gran parte da pista ata chegar á propia igrexa (muro tradicional nun rueiro).

Compartir el artículo

stats