Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Un Borbón en guayabera

Nesta humilde columna lévovos un mundo de tempo a sinalar o fracaso e ruína total do que foi chamado Hispanidad. Felipe González, mediatizado pola socialdemocracia disoluta de Venezuela e despois Aznar, escenificando a peza de teatro que Risco titulara "O bufón de El Rei", acabaron coa política de Hispanidad que aínda Fraga Iribarne mantivo un intre en vixencia nas relacións de Galicia con Cuba. A conferencia Iberoamericana, na que EE UU pretendían perpetuar o seu poder sobre todo o realmente existente ao Sul, está tocada e medio afundida. Dixémolo nesta nosa columna e agora facemos memoria.

A Conferencia Iberoamericana estoupou no día e hora no que o rei Juan Carlos se encarou co Comandante Chávez e lle dixo en ton chulesco e prepotente: "¿Por qué no te callas?" Díxolle de "tu", reparen. Un golpe terribel para a Conferencia Iberoamericana foi a actitude de España, ao servizo da CIA, quen retivo o avión presidencial de Ecuador en Austria. Daquela, o embaixador de España humillou a Evo Morales intentando rexistrar a aeronave. Xa Hispanoamérica mutara en Iberoamérica, por razóns lusobrasileiras máis ben técnicas. Despois desapareceu todo iso e agora hai Nuestra América. Vexan para a ALBA, que acaba de celebrar, neste caso con éxito, a súa cimeira de presidentes: "Alianza Bolivariana de los Pueblos de Nuestra América". E está UNASUR. E velaí a CELAC, España autoexcluiuse destes procesos.

Cada vez que algún de tales foros rexionais se reune, pídese a libertade para os presos nacionalistas de Puerto Rico e pídese a autodeterminación para esta porción de España que os EE UU anexionaron militarmente en 1898. España nunca está nos sitios nos que se pide a autodeterminación de Puerto Rico. Aos do PSOE e aos do PP só lles doe a independencia de Cataluña. Kerry mandou Margallo á Habana para convencer Cuba de ela facerse ver en Veracruz, na Iberoamericana. Raúl Castro nin siquera quixo recibir Margallo. Raúl que, con Fidel, saudou moitas veces cunha aperta a Fraga Iribarne, exministro de Franco. Raúl que, digamos, levou os seus netos a Láncara para que visen como vivían os galegos coma o seu bisavó no escravo torrón galego. Logo, en Veracruz, puxeron a guayabera e vestiuna incluso o novo rei de España. De nada serviu o xesto. Non acudíu Raúl, non Maduro, non Ortega, non Cristina, non Dilma? A España do PP fixo, moi especialmente, o ridículo.

Dixo Churchill, segundo cita sempre X.R. Pena, que os países non crean as políticas internacionais senón que as herdan. Iso será en Grande Bretaña, porque os partidos da Transición herdaron a política de Hispanidad e tiraron con ela para converter España nunha gándara erma na que só dá signos de vida u odio ao independentismo catalán. Existe aínda o Instituto de Cultura Hispánica?

Compartir el artículo

stats