ÚLTIMA HORA
Rivera: "No contemplamos otra vía. Esperamos que Rajoy hoy diga sí al Rey"
CAMPOS DE GRANADA

Illa Soidade

Recuperamos o artigo premiado co Fernández del Riego 2014 que recoñece a mellor peza xornalística do 2013

30.06.2014 | 13:32

Xa perdín a conta do tempo que un home maior, calculo que terá arredor dos oitenta anos, leva vivindo diante dun escaparate dun comercio da rúa Urzaiz, situado na parada de Vitrasa das casas de Benito Sanjurjo, esoutra marabilla proxectada por Pacewicz. Hai case dous invernos publiquei unha breve anotación no meu blog dando a nova da súa presenza as vinte e catro horas do día ao pé do adro dunha tenda de toallas e roupa de casa. O comercio pechou, como tantos outros do centro, arrasados pola baixada das vendas desta crise interminable, mais o velliño solitario continúa alí, sentado polo día sobre dúas bolsas grandes, onde garda todas as súas pertenzas, que lle serven de único tallo, deitado pola noite, envurullado nas mantas, protexéndose do frío, dos ballóns, da barafunda do tráfico e do algareo constante da avenida.

Ao longo destes dous anos, abráiame velo estricarse ás mañás diante da media ducia de persoas que ao seu carón agardamos o vitrasa que nos leve a cadanseu chollo e afán. Cada mes parece máis fraco e consumido pola súa reclusión nun espazo aberto de seis metros cadrados. Camiña moi amodiño, apenas uns poucos metros para baleirar no sumidoiro a botella plástica dos seus ouriños. En contadas ocasións vin que falase con algún transeúnte ou que conte con persoas amigas. Sei que só a visita algunhas mañás dun rapaz, que o acompaña a asearse e tomar un café quente, é capaz de sacalo durante uns minutos do seu recuncho, onde non posúe nin a intimidade nin o calor do fogar máis humilde.

Cando regreso á noitiña, comprobo que o noso home continúa sentado con dignidade no seu tallo, protexendo as súas costas no escaparate, envurullado entre os seus farrapos, escoitando os noticiarios, as tertulias e os partidos de fútbol no seu transistor, o único fío que semella mantelo unido coa comunidade do seu tempo. Alleo aos ires e vires de milleiros de persoas, que cada día pasan diante do seu fogar improvisado, este home sen nome de Urzaiz procura a súa única distracción, non sei se tamén algún consolo, en seguir os debates políticos sobre a contía dos recortes, sobre as investigacións dos casos de corrupción, sobre o fracaso das que foron as nosas empresas principais ou en participar dese interminable relato de vitorias e derrotas celestes no que depositamos as nosas esperanzas máis efémeras. Un paradoxo moi chamativo de quen decidiu colocarse por vontade propia á marxe, nos espazos de exclusión social e familiar, aqueles non contabilizados en estatística ningunha, dunha sociedade que corre a velocidade de vertixe cara a unha maior desigualdade (e por tanto, a unha maior pobreza), como a unha maior exclusión das persoas diferentes (e por conseguinte, a unha maior soidade).
Fose para mitigar as longas noites do chuviñento inverno, fose para aliviar os días longos do verán non é doado comprender como os servizos sociais non conseguiron convencer aínda a esta persoa para que abandone a súa posición de anacoreta urbano. Ignoro cales son as razóns que o levaron a vivir na rúa. Ignoro se mantén relacións coa súa familia e se dispón, como é previsible, dalgunha pensión para afrontar os seus gastos. Ignoro as causas polas que non acude aos servizos do albergue municipal da rúa Marqués de Valterra. Como ignoro por que o exitoso programa de coidadores do Casco Vello non se amplía a outros barrios. O único certo é que mergullada no rebumbio urbano, na actividade comercial do día ou na movida da noite, a súa soidade é pavorosa e inhumana.

Como sucede nas páxinas de "Illa soidade" (2010), a magnífica novela na que a escritora viguesa An Alfaya aborda o mundo dos chamados "sen teito" (esmoleiros e vagabundos), non sabemos que futuro enxerga este solitario, máis alá de ser unha "illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade". Outrosí sucede cos varios centos de persoas sen fogar que viven noutros barrios vigueses ou cos grupos que ocupan polo día a praza da Princesa ou os bancos do parque de Torrecedeira, persoas que arrastran o seu desarraigo provocado polas súas problemáticas dependencias do alcohol, das drogas ou da doenza mental. Presenzas que nos interpelan en tempos de desfeita social, no que máis de 650.000 persoas están en Galicia no limiar da pobreza, ao tempo que se reducen todos os programas públicos de dependencia e de integración social.

Coma reclamou a cadea humana, formada hai dez días por centos de persoas convocadas polas comunidades parroquiais de Coia, debemos librar unha batalla frontal contra as doenzas sociais provocadas pola crise, a soidade, a pobreza e a exclusión. Cómpre esixir unha resposta inmediata ás situacións de emerxencia social e reclamar aos poderes públicos que non poden renunciar ao seu papel na procura dunha sociedade que respecta os dereitos básicos de todas as persoas.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TINO PERTIERRA

50 sombras de Iglesias

La presentadora de televisión llamó en 2014 al político "hombre oscuro" y él "bromeó" en una charleta a través del móvil con una violenta fantasía

 
 

Pepe Chimé, o alcalde

Se hai algún Alcalde cangueiro e singular ese é Pepe Chimé. Foise pero vai ser moi difícil vivir como se el non seguise estando connosco. A maiores...

 
 

MANUEL TORRES

Trato intolerable

Los marinenses sabemos, porque así lo aprendimos a lo largo del tiempo, que por unas u otras razones, nuestros derechos siempre fueron ninguneados...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Ajuste fiscal aplazado

Mientras los partidos políticos siguen jugando al póker, el Mundo sigue. Un Mundo que podría ser más incómodo del que es, pero que en todo caso...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Las doctrinas

Una de las reglas de oro de quienes se plantean en serio ganar las elecciones insiste, al decir de los especialistas en el sistema vigente, en...

 
 

ANXEL VENCE

Gente que se quiere desenchufar

Una mayoría del Parlamento catalán acaba de aprobar la "desconexión" con España, tirando de una metáfora eléctrica y electrizante que alude a la...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine