segunda feira

Estupro

30.06.2014 | 01:48

Sendo eu aínda rapaz caiu nas miñas mans un libro que ben me gustaría volver ler. Era o relato da "expedición Citroën" en automobeis-verme que foi desde Francia (ou só dese Marrocos?) até os dominios da que chamou Léopol Sedar Senghor, sen ningún tipo de vergoña, "la négritude". Paréceme que daquela "expedición Citroën" que se levou á práctica nos anos vinte do século pasado partiu a idea do que hoxe é o rally París-Dakar. Ou, se cadra, non. Todos os relatos de aventuras africanas que eu lera anteriormente, incluída a serie de Tarzán, "As minas do Rei Salomón" e os relatos do propio Stanley, situábannos nun século XIX no que as tribos e as etnias só se relacionaban co Mundo, na África preta, a través dos comerciantes árabes e dalgún misioneiro atrevido. No libro da Citroën, África era penetrada en automóbil, o cal resultou, para min, un mundo novedoso. Nun dos episodios, os aventureiros son recibidos na cabana un régulo ou xefe, quen supoño, sen poder agora certificalo, que pertencía á cultura "walof" na súa fracción non islamizada. O autor, nunhas páxinas que acenderon a miña imaxinación, describe unha festa na que o viño da palmeira fai os seus efectos. O régulo, groso e xigantesco ponse en pé. Rodéanno, solícitas, as súas mulleres máis novas. A carne preta relumbra á luz dos fachos. "Cheiraba a estupro" -nota o autor da "expedición Citroën" cuxo nome non consigo lembrar. Por aquel tempo, eu descoñecía o significado da palabra "estupro". Intrigado, fun ao dicionario e, aínda, ampliei á dimensión histórico-xurídica da verba "estupro" "Enciclopedia Jurídica Española," de Seix, que o meu pai tiña no despacho. Souben que estupro era palabra latina clásica e que, alén dun delicto tipificado no Código Penal de España, se viña usando na Península Ibérica desde o século XV cun significado, máis ben amplo, de "agresión, oprobio en razón dunha relación sexual con menores ou desexada. Hoxe a crónica de sucesos dos xornais e noticieiros de TV, e as películas de crimes e detectives, están cheas de violacións, ofensas sexuais e abusos. Pero parece que o estupro desapareceu por completo. Quero decer a palabra, no a práctica. A palabra "estupro" é forte, intensa, inquietante. Ou, polo menos, iso me pareceu a min cando a coñecín de rapaz no libro da "expedición Citroën" á África negra. Dá a sensación de que o significante de "estupro" estea misteriosamente unido ao seu significado. Por que xa non se usa a verba "estupro". A resposta está, segundo penso, en que foi eliminada do Código Penal español. Sustituíronna, segundo vexo, por outras palabras que xa existían no mesmo código pero que amplían ou modifican o seu concepto. Ou sexa, que "esturpo" é unha palabra extinguida. Non así o delicto que noutro tempo designaba. Pero por que os lexisladores españois deixaron de lle chamar "estupro" ao estupro?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine