Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

O futuro é noso

Agolada ten moitas posibilidades. Está situada nunha encrucillada de camiños, ben comunicada co resto das vilas do norte de Pontevedra e coas do sur da Coruña e Lugo. Tamén coa capital de Galiza e con Lugo e Ourense. Conta cun patrimonio etnográfico envexable e único en Galiza e en Europa, o entorno dos Pendellos. Conta tamén cuns espazos naturais propios, como son os vales dos ríos Ulla e Arnego, as Torrentes do Ulla en Ramil e o Sobreiral do Arnego, que permiten o desfrute dunhas especies únicas na natureza.

Todo un potencial turístico por explotar. Tamén existe un polígono industrial ben ubicado, máis non acaba de implantarse nel tecido industrial que cree postos de traballo mentres os nosos xoves teñen que emigrar en busca de sustento. Por non falar das potencialidades do agro aqualatense, no seu momento cunha cabana gandeira punteira, da que dá mostra a existencia dunha feira vida a menos e apenas contamos cun feixe de explotacións.

Estas potencialidades están cercenadas pola ineficacia dun goberno municipal que non é quén de liderar un proxecto. Atopámonos cun concello superendebedado co conseguinte inconveniente para acometer infraestruturas (centro terceira idade, auditorio,...). Non hai servizos co cal a poboación moza que está a encetar unha nova vida busca outros lugares para ir a vivir.

Tampouco dende a oposición existe unha alternativa que ofreza un modelo no que mirarse. Uns por estar desaparecidos en combate. E os outros, os que deberían liderar un proxecto alternativo, semellan máis ter ansias de revancha por non ter satisfeitas espectativas persoais e en meterse en liortas infructuosas, en vez de estar a ofrecer un modelo distinto no que a xente poida ilusionarse. Mais como dicía o Che Guevara, "se o presente é de loita, o futuro é noso". É o momento de construir o futuro de Agolada. O xuntarse ao marxe de siglas de partidos tradicionais. O momento de entendernos cuns denominadores comúns nos que todas e todos estamos de acordo e nos sentimos reconfortados. E todo feito dende abaixo, dende a xente do común, os que sofren a falta de interés deses políticos locais que non nos representan, que non miran para nós. E todo envolto nunha escrupulosa ética e respecto ás regras democráticas. O futuro é noso porque nos toca agora...e porque podemos.

*Veciño de Agolada

Compartir el artículo

stats