Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Alonso Ríos e a República Galega

Nestes días de debate nas rúas, de perseveración das maiorías dos consensos do posfranquismo, de demostración absoluta de que a proposta do Partido popular por manter as estuturas rancias, caducas e corruptas no estado español, e de desvergonza do PsoE por se definir presuntamente coma republicano cando salvagardan a monarquía e se xenuflexan perante ela como fieis súdbitos ao servizo do seu rei amo, cómpre lembrar que outros, e non somos poucos, pensamos que o máis acaído sería un modelo democrático con dereito a decidir para o povo e os seus povos e en calquera institución enlamada polo personalismo e as actitudes colonizadoras que deslixitiman a democracia. De aí que nestas datas pasadas de abdicación e sucesión urxentes fósemos aldraxad@s con opinións de vellos carcas, esas que viñan a dicir que existe una nova era a partir de 1978, que todo o anterior fica esquecido e todo o posterior é inmutábel.

O único certo é que temos rei, monarquía parlamentaria feita baixo amezada de tanques na rúa, e isto será así polos séculos dos secúlos. Opinión do bipartidismo maioritario nas urnas, polo de agora, claro.

Mais non todo foi sempre así en Galiza. Houbo un tempo no que antes da ditadura de Franco, nos comezos da da II República española, concretamente o 27 de Xuño de 1931, un día antes das eleccións ás cortes constituíntes, logo da decisión do governo español de paralizar as obras do ferrocarril da liña Zamora-A Coruña, deixando, porén, na rúa a 12.000 traballadores, estes revóltanse en Ourense, Compostela e "Puebla de Sanabria" comezando unha intensa folga para exixir a volta aos traballos e proclamar a República Galega e no terceiro caso a anexión, de novo, a Galiza. Resgatamos un retallo da crónica do xornal El Pueblo Gallego do 28 de xuño daquela xornada xa Pazo de Raxoi de Santiago: "Al terminar el mitin se formó una manifestación imponente, que se dirigió al Ayuntamiento, izándose la bandera blanca y azul en el edificio y proclamándose el estado gallego. Dimitieron inmediatamente todas las autoridades. El pueblo pidió clamorosamente que Alonso Ríos ocupase la presidencia de la Junta Revolucionaria y, entonces, dijo éste que era del pueblo y que antes de ceder pasarían sobre su cadáver". Xuntáranse pois, daquelas, a situación laboral, a marxinación do povo galego por parte de España e un cambio de réxime no Estado, que xa levara a Cataluña a proclamar o Estado Catalán había uns meses e en Galiza facía abrollar una conciencia nacional que en 1936, mesmo acabaría por encarreirar un Estatuto de Autonomía á altura de Catalunya e Euskadi, polo que aínda hoxe -e inclusive na tamén inmutábel Constitución española- somos nacionalidade histórica, o que en linguaxe universal de toda a vida -e aos dicionarios me remito- significa NACIÓN.

Moitas coincidencias que se nos asemellan ao momento actual. De aí que eu hoxe queira lembrar que todas as situacións poder mudar, nada é perpetuo, e menos, os privilexios dunha razada de avoengo que así nolo quere vender. E naquela altura, hai hoxe 83 anos, unha minoría revoltada e con conciencia social do momento que atravesaban abriu os ollos e acabou por proclamar a República Galega e, amais, con políticos nacionalistas á fronte, caso do silledense Antón Alonso Ríos.

*Portavoz do BNG de Silleda.

Compartir el artículo

stats