Foi no pleno pasado. Todo facía pensar que conxunción de lúa chea, venres e trece terían que manifestarse de forma máxica ou sinistra no Pleno da Corporación. Así foi, de forma máxica, o máximo responsabel e portavoz do PSOE, Francisco Veiga, entonou o seu primeiro "mea culpa" ó defendela proposta de ubicación do porto deportivo no zona do peirao da E.N. Militar.

Un marabilloso comezo para "o mellor alcalde de Marín" (Francisco Veiga e Carmen Gallego "Mucha") apuntaba unhas formas novas e un talante cuasi máxico. O pleno transcurriu cos clásicos "dimes e diretes" , con escasas luces e moitas sombras, tanto na bancada do Partido Popular como da oposición.

Na hora en que a lúa venceu o sol, no solpor, fíxose notar o seu desconcertante e sobrenatural poder: tocaba pronunciarse sobre un asunto de moda, de nota; a proposta do BNG sobre o modelo de estado e a xefatura do estado. Que sí Felipe si, que si monarquía no, que república agora e non despois. Una hábil xogada do Partido Popular coloca ó reconvertido PSOE, e ó seu portavoz, na tesitura de defender primeiro e apoiar despois a proposta bloqueria: o discurso non sorprende, e o repetido nestes días "somos republicanos, a nosa alma é a de Pablo Iglesias mais? "creemos e apoiamos a un "ser superior" que por vía do ADN ten que selo noso xefe de Estado.

Foi patético, vergoñento, traizoeiro, aldraxante para milleiros de militantes e simpatizantes socialistas que conforman e construíron iso do que tanto gábanse, "130 anos de historia", ós que en moitas ocasións supúxolles a derrota e o aldraxe, o exilio e a morte porque iles si tiñan alma e non estaban dispostos a vendela por? ¿un prato de lentellas?

Ese foi o suceso, mais non a reflexión. O par do insulto, o voto do PSOE, a dignidade e coherencia tanto do Partido Popular, coma do BNG e mesmo de Marinenses Independentes puñan, por xunto ca xestualización do acto de votar a man alzada, o sentir mais profundo da decisión no momento actual.

¿É posible apoiar, e posible soster mudos e calados, e posible votar e respetar a un partido que é quen de traizoar a súa alma? Prefiro mil erros, mil meteduras de pata e cincuenta incompetentes que un só home, cun partido sen alma. Prefiro cen, mil o cincuenta mil veces mais un popular, un bloqueiro, unha marinense, un liberal, un anovista ou un posiblista que non pase por traizoa la súa alma -sexa da cor que sexa- que un partido que renuncia a ela, que un partido de desalmados. ¿E vostedes?