segunda feira

Cousas ocultas

16.06.2014 | 09:10
Cousas ocultas

Aquí e agora están a ocorrer cousas evidentes que revelan a existencia de outras ocultas. O rei abdicou cando o seu herdeiro estaba en San Salvador e que semellaba ignorante do acontecemento. Felipe González pide un goberno de salvación nacional que, en forma de farsa, xa está sendo ensaiado no Concello de Vigo: Os cataláns, na mesma liña que os escoceses, están a poñerlle calendario ao seu proceso de independencia nacional. Nas eleccións europeas xorde en España unha nova forza de esquerda que admira a todos e que ameaza con se unir ás restantes esquerdas, incluídas as independentistas de Euskadi e Galicia. Veleiquí o evidente. U oculto apenas podemos velo a modo de sombras que se proxectan no fondo da caverna. Como na parábola do filósofo grego.

O que acontece en Grecia, e non en materia de metafísica, tamén está presente. A uns inquieta, aos outros dá esperanza. Ou sexa, que Podemos, ampliado, resusta a pantasma da Frente Popular de 1936 que verdadeiramente pode gañar unha eleccións. Xa non hai terrorismo, xa non se escoitan nin se escoitará seguramente o ruído de certas armas. Democraticamente, en apoio mediático, contra os intereses da banca e dos EE UU unha esquerda anticapitalista pode gañar eleccións. Unha pantasma percorre España, a pantasma do chavismo. Eís a palabra de moda: chavismo. Pon medo que, derrubada a URSS, suprimida a loita armada revolucionaria, os pobos poidan rubir ás máis altas torres do poder respectando os dereitos humanos e en honrada competición democrática. España pois, vai rachar. E o que é pior: os nacionalistas cataláns predominantes por moito que Duran mude de beirarrúa, acatan maioritariamente o modelo económico capitalista, burgués e neoliberal. Chegados a este punto debemos reparar que o que máis detesta Norteamérica é a inestabilidade en territorio controlado. E España éo desde que Franco abrazou diante do mundo a Eisenhower. O departamento de Estado norteamericano está presente e actúa en España desde aquel intre. E a pregunta é esta: que prepara Norteamérica para España? Sabemos o que preparaba en 1962, Munich, e o que executou á morte de Franco. Pero que é o que o amo intentará inculcarlle aos pobos e nacións do Estado Español? Estará oculto, pero algo cheira a que unha forza inmensa obrigou Juan Carlos na súa decisión de abdicar a coroa. Algunha forza moi poderosa e discreta trata de facer fracasar o movemento independentista en Cataluña. Eses mesmos poderes farán todo o posibel por frustar a unidade da esquerda e no Estado Español. E aquí é onde compre situar o goberno de salvación nacional no que non só terán carteiras o PSOE e o PP. Falo de carteiras de valores.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine