tRIBUNA LIBRE

Gracias, Julio Varela

15.06.2014 | 03:30

Os medios de comunicacion dan conta da renuncia de Julio Varela Nunez como concelleiro en Vilanova de Arousa representando a sua querida parroquia de San Estevo de Tremoedo ( nos ultimos meses xa fora relevado polo alcalde de todas as importantes responsabilidades que detentaba no goberno municipal ). Unha longa traxectoria de servizo os seus conveciños refrendada por moi destacados trunfos electorais na súa "circunscripción" parroquial. Pode ser un resumo apresurado de varias décadas de traxectoria pública. Esta circunstancia, a da súa renuncia fai que deixe, momentaneamente, o meu voluntario, e só temporal, silencio sobre a política local en Vilanova para escribir estas liñas.

Julio, con cuxa amizade e a da súa familia me honro, renuncia a ser edil en Vilanova, non abandona, nunca o fixo, tampouco cesa, el que sempre se amosou incansable na representación do Concello. Simplemente decidiu dar un paso ao lado no momento que, só el, entendeu que era o axeitado, nin antes nin máis tarde, cando o considerou oportuno. Ante esa manifestación de vontade, só queda ofrecer respecto e gratitude.

Julio Varela representou sempre no PP de Vilanova o elo, o vencello imprescindible entre a xeración que nos fixemos cargo do partido a principios dos anos noventa (unha boa parte xa non estamos en postos de dirección) e o grupo de personas que encabezou a formación con anterioridade. Froito de esa confluencia foron os éxitos electorais acadados desde entón, comezando polo momento no que un grupo reducido de persoas, entre o que me atopo, conformou o proxecto e construeu a alternativa que levou á alcaldía vilanovesa, hai xa vinte anos, o hoxe veterano rexedor Gonzalo Durán.

Julio foi, na sua traxectoria politica, sempre fiel a si mesmo, as súas crenzas e conviccións. Hai que agradecerllo, visto como proliferan as xentes que están sempre a dar bandazos. Aprendín del, entre outros, como se fai política a pé de rúa, debatimos en moitas ocasións acadando puntos de acordo ou non pero sempre desde un escrupulosísimo respecto mutuo.

Neste intre cando toca facer balance da sua andaina política so podo concluir que foi positiva para Tremoedo e o resto do Concello. Estou convencido que, como adoita suceder, a xente anónima de Vilanova, os veciños de Tremoedo non lle regatearan o recoñecimento xustamente gañado.

Jose Juan Durán. Afiliado PP de Vilanova de Arousa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine