Hoxe, 11 de xuño de 2014, demos un adeus definitivo a Xesús Castro Senra, que, despois dunha longa estancia silenciosa, deixounos para sempre. Un home que foi pioneiro en Lalín como Axente da Propiedade e Procurador, saíndo do seu despacho varios procuradores na zona; foi un home súper coñecido, canle de solucións para moitos, moi afable e ben querido por parte dos que xa se foron e de moitos máis, que aínda seguen con nós. Merecente de ser recordado e, en especial, pola miña parte, xa que foi un auténtico amigo para min.

Hoxe, con toda a dor do meu corazón, fago miña a expresión "algo se morre na alma cando un amigo se vai", e digo que a fago miña porque un amigo de verdade emprendeu a viaxe sen retorno. Teño que recoñecer que non só doe a perda, senón que, con impotencia e resignación, telo que asumir. Poder expresalo non só me conforta, tamén me da valor para poder dominar os meus sentimentos, mostralos, asumilos e, o que é máis difícil, dixerilos. Teño que recoñecer que é algo moi impactante, pero pódovos asegurar que, a pesar de ter que pasar eses momentos, o recordo de ter contado cunha auténtica amizade, compénsamo todo e lévame a alentarvos a que, se tedes un amigo de verdade, posuídes un tesouro que nunca vos abandonará.

Permitídeme que vos recorde o dito por Frances Farmer: "Contar cun bo amigo é o máis puro de todos os dons?, non se herda, como a familia?, é así un lazo indescritible que supera todos os demais". E así o sinto e digo: Xesús, boa viaxe, deséxacho este amigo que sempre te levará no seu corazón.

*Concelleiro do Partido Galeguista Demócrata (Lalín)