Paréceme moi ben a reacción do sector da hostalería ao sentirse, segundo eles, prexudicados pola nova estrutura das festas patronais. Penso que é unha preocupación totalmente lexítima, pero tamén penso que están protestando antes de tempo, sen saber como van quedar definitivamente, nin cal vai ser o resultado final das mesmas. De calquera xeito, se esta preocupación consegue que o sector da hostelería se una, xa é importante. Se, ademais, é para organizar eles as festas, xa me parece fantástico. Pero dame a impresión de que o que pretenden é recoller as patacas mentras o pobo de Lalín tira do arado, e eles so tiran da corda para que vaian os regos ao seu gusto. Sóbralles tempo para facelas. Aínda que o programa está bastante perfilado, de momento non hai nada contratado, polo que aínda poden facelo como máis lles guste. Cos datos que eu teño xuntado, nunha tarde pode estar o programa cerrado. Despois teñen máis de tres meses para facer a recadación. E, malo será, que nos días das festas en que eles estarán ocupados, non atopen parientes ou amigos que se encarguen da organización e supervisión dos distintos eventos. Entendo que unha comisión de festexos debe planificar as festas, pensando nos 20.000 habitantes do concello de Lalín e non no que sexa mellor para un colectivo determinado. Pola miña parte, estarei encantado en cederlles o posto e trasladarlles todas as ideas, datos e contactos que xa fun conseguindo ata o de agora. Tan encantado estarei que, se queren seguir coa Festa da Cuxa, eu consígolles a cuxa gratis. E, se non a fan, dareilles igualmente como cuota persoal, o doble do que dou o hosteleiro que máis dou o ano pasado. Que tampouco é moito. Eu anímoos a que salten ó ruedo e non se queden agochados detras da barreira criticando ós toureiros e ós touros, como se leva facendo moitos anos. Que nos demostren a todos, como se fan unhas boas festas a gusto de todos, e con menos cartos.

E anímoos, sobre todo, a que fagan a Festa da Cuxa, non só pensando neste ano, senón nos anos vindeiros. As festas gastronómicas son as que están triunfando e, aínda que leve un tempo consolidalas, despois convocan moita xente. Aí están (sen ánimo de comparar) a do Cocido, a do Galo, a da Tortilla, a da Empanada, a do Lacón, etc., etc.

Moitas grazas.

*Presidente da comisión de festas das Dores 2014