Director do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra

Unha boa oportunidade para a mellora educativa

08.06.2014 | 01:22

A Consellería de Educación propuxo para o próximo curso un novo programa curricular para a Educación Primaria que, entre outras novidades, aumenta as horas de Matemáticas, reduce as de Relixión e dá a posibilidade aos centros de impartir asignaturas de libre configuración. Aínda que a proposta non se aprobou aínda, pois falta pasar polo trámite da mesa sectorial e do Consello Escolar de Galicia, dous profesores -ambos de Pontevedra- con visións totalmente distintas sobre as modificacións e as súas consecuencias expoñen as súas opinións.

O próximo curso académico ven marcado en educación primaria, concretamente nos cursos 1º, 3º e 5º, pola implantación da LOMCE, lei orgánica que remodela parcialmente o noso sistema educativo. Preténdese con esta lei reducir o abandono temperá da educación, incrementar a taxa de titulados en educación secundaria, mellorar os resultados do noso alumnado e, en definitiva, mellorar a calidade do noso sistema educativo, mantendo o excelente nivel de equidade que o caracteriza; Galicia de feito é, dentro dos países e comunidades que participan en PISA, o segundo en equidade.

Recentemente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo público o borrador do decreto que vai regular a implantación da educación primaria en Galicia.

Recóllense no mesmo dous aspectos fundamentais: a concreción do currículo e a nova distribución horaria das diferentes áreas. Trátase, sen dúbida, de dúas medidas relevantes para acadar as metas propostas que precisarán do compromiso e traballo do profesorado é, sen dúbida, da implicación de toda a comunidade educativa e das administracións públicas para acadar conxuntamente os beneficios da reforma. Neste reto, a rede de formación permanente do profesorado esta chamada a seguir facendo un importante aporte ao noso sistema.

Galicia en exercicio da súa autonomía introduce variacións no horario das distintas áreas da etapa respecto ao actualmente vixente. En primeiro lugar, o novo horario reforza o tempo lectivo da materia de Matemáticas, con 2 horas máis na etapa, unha en 5º curso e outra en 6º curso. Este reforzo nos porá en disposición, xunto cun bo traballo metodolóxico, de mellorar os resultados nunha área que segundo as probas internacionais PISA precisamos fortalecer. En segundo lugar, redúcese en dúas o número de horas semanais de Relixión e engádense 2 horas para asignaturas de libre configuración (unha en 4º e outra en 6º) que cada centro, dentro da súa autonomía e dando voz ao claustro e ao Consello Escolar, poderá adicar á ampliación, reforzo ou impartición de calquera das materias que se enmarquen no seu proxecto educativo. Neste sentido concrétase o principio de autonomía dos centros para adaptalo ás súas necesidades e contexto.

No resto do horario óptase pola estabilidade, mantendo o equilibrio lingüístico, as horas establecidas para ciencias, que agora se dividen en ciencias naturais e sociais, así como o tempo das ensinanzas artísticas e as deportivas.

Con este novo deseño de horario e o novo currículo preténdese mellorar a adquisición das competencias clave do noso alumnado. Que se entenden por competencias clave no novo currículo? Enténdese, de acordo coa definición europea, que "son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego". A idea de competencia clave vai ligada á mobilización de coñecementos, destrezas e actitudes para lograr un desempeño. Vai ligada a saber facer. Defínense sete: comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía , competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido de iniciativa e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais.

Con respecto ao currículo, e co obxecto de facilitar a labor do profesorado, indicar como a novidade máis importante, que se fai unha concreción explícita da relación existente entre as distintas competencias clave e os contidos que o alumnado debe coñecer, marcando ademais os criterios e estándares de aprendizaxe para a súa avaliación. Trátase dun avance significativo no proceso iniciado na LOE coa introdución das competencias clave, chamadas entón "básicas", como elementos do currículo. Corresponde neste momento formularse que poden supor estes cambios para o profesorado e o alumnado. Incluso cabería preguntarse, dada a súa transcendencia mediática, se as medidas lexislativas tomadas poderán axudar ou non a mellorar os resultados obtidos nas diferentes edicións das probas PISA. Neste punto é importante sinalar que os resultados das probas internacionais non son máis que un referente. Referente que nos serve para compararnos cos países do noso entorno e tomar as medidas de mellora que corresponda pero sen esquecer o que realmente debe ser o noso obxectivo fundamental, a consecución do éxito escolar no sentido máis amplo do termo.

Acontece que ambos os dous obxectivos semellan ir xuntos. Vexamos.

A recomendación 2006/962/ EC, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, concrétase en utilizar as competencias clave para o aprendizaxe permanente. O novo currículo de primaria na nosa comunidade decántase abertamente por este enfoque fronte a esquemas memorísticos máis tradicionais. E preciso lembrar que o informe PISA elabórase en función dos resultados obtidos nunha probas nas que se avalían competencias do alumnado. É por isto que ambas as dúas metas poderán mellorarse conxuntamente xa que un enfoque de traballo educativo vinculado as competencias, máis próximo aos contextos reais e sustentado en prácticas sociais relevantes, permite un maior éxito do alumnado e, ao mesmo tempo, porque un modelo de ensinanza e aprendizaxe fundamentado no desenvolvemento das competencias clave mellorará, obviamente, os resultados obtidos polo sistema, avaliados en probas internacionais como ocorre con PISA que avalía tradicionalmente a competencia matemática, a lingüística e a de ciencias.

A clave, pois, da mellora, radica no enfoque competencial do novo currículo. Así, en adición ao incremento de horas dedicadas ás matemáticas e á dispoñibilidade de horas de libre configuración do centro, que adecuará ao seu propio proxecto educativo en uso da súa autonomía, resulta fundamental o traballo do profesorado. É preciso sinalar que, para axudar ao noso alumnado a desenvolver as competencias clave, precísase un proceso de ensino aprendizaxe contextualizado. E é neste punto onde cobra importancia a autonomía dos profesores e das profesoras como responsables de deseñar as situacións de aprendizaxe. So con situacións de aprendizaxe ben deseñadas que permitan acercar a escola a vida real seremos quen de desenvolver todas as posibilidades do novo deseño curricular.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Consecuencias de la falta de aparcamiento

El concejal del PSOE de Cangas, Alfredo Iglesias, no llegó al minuto...

 
 

Alea jacta est, Roma!

YO ROMA, ROMA MÚSICA. Anoche estuve escuchando a la tuna en la Plaza Mayor de Salamanca, pero...

 
 

DANIEL CAPÓ

9 de agosto de 1942

Una regla universal nos dice que, casi en cualquier ámbito, las personas excepcionales son...

 
 

EUGENIO FUENTES

Tácticas nuevas para viejas redes

Los atentados por atropello o apuñalamiento no se inventaron en Niza...

 
 

J.M.EGUILETA*

As pontes sobre o río Miño

A historia dun territorio ten moito que ver coa das súas pontes. Iso lle contaba ao equipo da...

 
 

JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI)

Veranos

Para Luis Rebolledo El verano es un buen tiempo para recuperar la medida del mundo, salvo que...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine