Como consecuencia do desenvolvemento e posta en marcha da Lei de Mellora da Calidade do Ensino(LOMCE) que modifica parcialmente a Lei Orgánica de Educación(LOE), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, deu a coñecer o martes 3 de xuño pasado a nova atribución horaria das distintas materias da etapa de educación primaria.

O cadro horario que polo visto era un secreto de Estado, resultou prácticamente igual ao actual, coa salvedade da desaparición lamentable de "Educación para a cidadanía e os dereitos humanos", o aumento de unha hora en matemáticas para quinto e sexto curso e a disminución de unha hora de relixión en cuarto e sexto curso que pasan a ser de libre disposición para os centros. Todas as demais materias: Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Primeira Lingua Estranxeira, Educación Artística, Educación Física e Coñecemento do medio social, natural e cultural (agora volta a chamarse Ciencias Naturais e Ciencias Sociais) permanencen coa mesma carga horaria da LOE (as horas enténdese sesións, dado que nas cinco horas diarias hai que incluir os recreos).

Sen dúbida todo o que sexa reforzar as técnicas instrumentais de base para lograr mellor os obxectivos e as capacidades da etapa sempre serán positivos. Téñase en conta que a primaria debe considerarse unha etapa con carácter global e integrador.

Polo tanto a atribución horaria das materias que podería producir polémica ou debate nos distintos sectores da comunidade escolar, pasaulle coma a fábula: "moito ruído e poucas noces" ou mellor dito, neste caso, "ningunha noz".

O que verdadeiramente e importante nesta enésima reforma escolar é o cambio estructural que se lle da ao sistema educativo, introducindo unha organización ríxida por cursos, contradictoria co carácter global que ten que ter a etapa de primaria.

O cambio na programación e no sistema de avaliación supón un retroceso de moitos anos. Se consultamos os libros de texto dos anos setenta volvemos atopar os estilos organizativos que agora se impoñen: antes Naturaleza e Sociedade, agora Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, vólvese tamén a Expresión Oral e Expresión Escrita, actualmente Escoitar e falar e Ler e escribir, etc.

É considerable o cambio organizativo, pois coa desaparición dos ciclos pensamos que se debilita a flexibilidade das aprendizaxese se perxudica a compensación de desigualdades.

Outra cuestión polémica son as avalicións individualizadas en terceiro curso e ao final da etapa. Estas verificacións que terán que facerse de acordo co que dispoña a Administración educativa, poden conducir á desautorización do profesorado ou medir estandars inadecuados.

Para rematar este artigo de opinión, vou citar literalmente unha pasaxe de "El primer hombre" de Albert Camus extraído das conclusións dos XXII Encontros dos Consellos Escolares Autonómicos e do Estado que recentemente se celebraron en Oviedo (8-10 maio de 2014) baixo o título "Las escuelas de éxito. Características y experiencias".

"Con el Sr. Bernard (?la clase) era siempre interesante por la sencilla razón de que amaba apasionadamente su trabajo(...). La clase del Sr. Bernard alimentaba en nosotros un hambre más esencial todavía para el niño que para el hombre, que es el hambre de descubrir. En las otras clases les enseñaban sin duda muchas cosas, pero un poco como se ceba un ganso: les presentaban el alimento ya preparado rogándoles que tuvieran a bien tragarlo. En la clase del Sr. Bernard, sentíamos por primera vez que existíamos y que éramos objeto de la más alta consideración: se nos juzgaba dignos de cubrir el mundo".