O Día Mundial do Medio Ambiente é un evento que se celebra cada ano o 5 de xuño, este día é un dos principais vehículos cas Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e a acción política ao respecto. Este ano o lema é "Alza a túa voz, non o nivel do mar", quérese así concienciar a sociedade sobre as consecuencias do cambio climático, sendo protagonistas os pequenos estados insulares.

Dende a Secretaría de Medio Ambiente da Executiva local de Pontevedra do PSdeG-PSOE queremos como sempre conmemorar este día con este manifesto e poñer unha cara humana aos temas medioambientais, por iso o noso obxectivo é motivar as persoas para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, queremos promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais e fomentar a cooperación para garantir que todas as nacións e persoas gocen dun futuro mais próspero e seguro.

Os socialistas pontevedreses fomos quen, nos últimos anos de impulsar decisivamente as declaracións dos espazos naturais de interese local (ENIL) da Xunqueira de Alba e do río dos Gafos. Puxemos en marcha o saneamento do rural e fixemos un constante labor de catalogación das especies vexetais e animais dos novos espazos protexidos. No noso haber está tamén o primeiro estudo do balanzo de dióxido de carbono do municipio de Pontevedra. Xa alá polo ano 2009 fomos pioneiros ao calcular que Pontevedra emite 758.779,63 toneladas equivalentes anuais de CO2, o que comportaba o 3% das emisións de gases de efecto invernadoiro de Galicia.

Este compromiso medioambiental permanece inalterado. Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, máis que nunca, ten cifras e pautas que, como cidadáns activos, debemos esixir: Que se aumente a porcentaxe de enerxías renovables no consumo de enerxía, reducindo así os custes de electricidade e de emisións de CO2.

? Temos que volver a agricultura tradicional, vinculando a cidade coa alimentación, co consumo local.

? Promover a participación cidadán a celebrar este día e a relacionar o medio ambiente co benestar e a saúde.

* Responsable de Medio Ambiente do PSOE local.