Catedrático de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Información da Complutense

Podemos ou non Podemos?

01.06.2014 | 04:11

Sorprende a agresividade xeral coa que se tratou a Podemos, e isto é tan peculiar como o mesmo resultado electoral dese grupo que é parte dun movemento social moi amplo que ocupou Madrid e outras cidades do reino nos últimos anos. O grupo Podemos que se presenta ás xerais navega por esas augas do "non nos representan" (15-M), nas que había unha certa herdanza libertaria que o actual Podemos matiza por algunhas das simpatías políticas que semella ter nalgúns líderes. Non é doado saber se é un grupo que nace e gaña para seguir aí ou é algo so de paso para ningures, porque iso depende da moitas cousas, pero mesmo no seu nacemento hai un estrondo. Na mesma Galicia fixo un buraco entre a esquerda e remove o panorama electoral tanto ou máis que en Madrid ou en calquera outro sitio. E iso tanto ao PSdG como a AGE ou, sobre todo, ao BNG, ao que lle pasa por diante. Tampouco pode tranquilizar a Feijóo, non tendo que ver nada co PP, pois expresa un malestar que chega ás clases medias, que tratarán de buscar o seu camiño e poden ancorar aquí ou alá ou volver ao porto de orixe. A dereita está a perder ás clases medias urbanas, e iso é letal para ela. Podemos é un síntoma da alteración xeral das cousas.

Podemos é, por todo isto a e outras cousas, un problema xeral, non so un problema para a esquerda clásica sexa ou non nacionalista. No caso do PP ten a defensa que lle permite o uso do estado ou, mellor dito, da burocracia e xestión do estado, o que lle pode garantir algunhas posibilidades de presenza pública que non ten o PSOE-PSdG. Dende o aparato do estado hai maior visibilidade e os movementos electorais son máis fáciles. O PSOE o ten peor neste senso, e a súa crise o pilla fora do aparato devandito e cunha forte división interna, aínda non visíbel de todo. O PSOE é, probabelmente, á espera das enquisas postelectorais de contraste, o partido que cedeu máis votos a Podemos, quizais dende que Felipe González fala dun goberno de coalición co PP en certos casos. Isto tamén hai que contrastalo. O certo é que as enquisas non detectaron a Podemos e que todo apunta a que pode tratarse dun movemento de voto de última hora causado por lgún acontecemento que non sabemos.

O certo é que agora Podemos ten que estar no Parlamento europeo e defender o seu programa de renda básica para todos, de dereito de autodeterminación para os pobos, dos dereitos dos inmigrantes, redución da xornada laboral, educación e sanidade garantidas para todos, etc. Mentres isto se diga en Europa, haberá algún apoio, pero se se di no Parlamento do Reino de España isto vai abrir un tempo de debate e un tempo de redefinición e reubicación política de todas as forzas representadas.

Podemos alterou o campo magnético da política local porque non se lle agardaba, e esa alteración, no reino e en Galicia, xa está pedindo cambios nos demais partidos: mudou a relación de forzas.

Doutra banda, Podemos pode ser caracterizado coma un grupo neopopulista (populismo con base nos medios) de carácter progresista que usa ben os medios e sintetiza as mensaxes ao máximo, con conceptos ben dubidosos ("La Casta") pero eficaces para chegar á xente.

Pode ir a máis, a menos ou ficar onde está, que non é pouco, e iso vai depender da intelixencia do seu traballo político, que non é outra cousa que a súa adaptabilidade aos cambios rápidos que están a pasar.

De momento, créalle máis problemas á esquerda que á dereita, que ve cómo ocupa o seu espazo un grupo que mantén como seu algún lendario histórico (Cuba) e actual (Venezuela),cousa que fai feliz aos aparatos de comunicación e propaganda da dereita que xa advertiron que van a usar este grupo para ir contra o conxunto da esquerda nas eleccións que veñan. Ou sexa que os labregos volverán a ser abraiados co perigo comunista, que lles vai quitar as leiras. Todo volve como comedia, que diría o mesmo Marx.

O fondo de Podemos é máis que un berro neopopulista: é a constatación da inxustiza na que andamos dende que comezou o intento europeo (Merkel) de saír da crise ao seu xeito, é dicir: empobrecendo aos demais. Esa é a cuestión e aí gañou o voto Podemos.

bouza@ucm.es

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine