No noso barrio había unha caseta de arbitrios, era o lugar onde facían parada as mulleres das parroquias ao entrar na cidade e pagar as taxas para poder vender a sua mercadoría, ós productos da horta, e tamén as leiteiras. A nós os nenos do barrio escolarizados en castelán cando era tempo de maios axudábannos có idioma para facer as coplas en galego, entre leitugas, pementos e leite tamén nos deixaban pingas do galego que se falaba nas parroquias e se conservaba nos muiños e nos lavadoiros.

Así como o cuco traía ciclicamente o bó tempo, a Festa dos Maios traía a cidade unha vez ao ano o galego, esquecido e rexeitado, que aquellas mulleres falaban a cotío.

Eran como as abellas que chuchaban no néctar do idioma esquecido nas cidades e o espallaban como semente para que nalgún día xermolara en nós.

Eran mulleres prematuramente vellas polo duro traballo no campo, co pelo branco como folerpas de neve, que andaban sempre con algo de peso na cabeza e non era por adorno nen por moda, carrexaban leite, verduras e froitos, e caldeiros de roupa para os lavadoiros, e tamén o galego sen acomplexarse como nós que tiñamos medo a que nos chamasen paletos e aldeáns. Recollían as novas nos muiños, contos e cantigas que?traían aos barrios e a cidade, eran a internet que carrexaba a nosa cultura e patrimonio.

Xa non quedan leiteiras, xa ninguén lémbrase delas cando se pensa en estatuas e recoñecementos as xentes que fixeron cousas por conservar o noso idioma e nosas tradicións, as mulleres que veñen a vender os productos da horta aínda resisten e tiñan ata fai pouco seu espazo a Praza da Verdura, de onde as botaron, agora xa estorbaban ao igual cos estorniños, e as mandaron fora do centro. Xa nós esquecemos delas e agora xa non serven, xá son de outra época.

Un día deste mes de maio de cando o mundo énchese de flores de súpeto vin a unha desas mulleres que me fixeron voltar a miña infancia, levaba un feixe cheo de verduras e outras legumes, pero o que me chamou a atención e que na solapa da chaqueta de lan negra, como anunciando a chegada do bo tempo, tiña prendido un ramiño de xestas que ía lucindo orgullosa como anunciándonos a os da cidade que xa chegara a primaveira ao campo.

Agora co galo das Letras Galegas sería bo recoñecer a importancia para a conservación do galego desas mulleres que sen estudos, e mesmo sen saber escriber, souberon conservar en condicions dificiles e sen senter vergoña o idioma dos seus antergos.