tribuna del lector

De leitugas, obreiros, pontes, ácaros e cascos

01.05.2014 | 10:17

Hai médicos de avangarda que aconsellan ler xornais como dieta hipocalórica alternativa ás ensaladas habituais. O principio activo é aquí o caótico mar de datos, máis sudoríferos que calquera sesión de zumba ou spining e xerando as mesmas endorfinas. Iso si teñen efectos secundarios tan perigosos coma a síndrome de fato, a fe cega e o pensamento positivo sen contrastar. A cotío é o propio xornal quen xera a mestura que logo ti vas gulipando como o máis normal do mundo. Xa non lembras un mundo coherente porque se tal houbo algunha vez é propiedade da neneza. Hoxe déronme uns ingredientes ben paveiros.
Veredes, resulta que mentres centos de pobres remexen cada noite nos contedores de lixo para atopar unha leituga (cousa que os grilos teñen adoito, por iso deben cantar) pola NASA andan xa polas leitugas espaciais. Saberáo o rapaz parado con fillo que está aprender a plantar leitugas nunha terra de prestado ou será que non aforrou dabondo para coller boleto a Marte?
Entrementres pola Cidade Condal (seica xa non quedan máis condes) crean a ponte abaloufabel máis lene preparada para asolagamentos e emerxencias. Poida que a empreguen o primeiro de maio para que os ricos empresarios e clases pasivas (que non paradas) se boten ás estradas a folgar da ponte dos traballadores (antes obreiros, mais como agora ninguén fai obra senón, con sorte, contrato por obra e servizo, mudaron de nome).
Uns investigadores, dos poucos que fican an nómina, descubren que estabamos trabucados cando criamos que o guepardo era o animal máis rápido. Nin xiquera o escaravello tigre. Resulta que é moito máis veloz o Paratarsontomus macropalpis, un ácaro de máis nome ca corpo pois que ten apenas o tamaño dunha semente de sésamo. De aí debe vir a expresión: Ábrete, Sésamo!. Esta miudalla da natureza é quen de correr a unha velocidade de ata 322 lonxitudes de corpo por segundo. Se eu fora tan veloz había tempo que estaría de volta de ningures, confésovolo!. Certo que isto é proporcional e para eses bechos Galiza ha ser aínda máis grande do que o era para Risco que dicía que se pensabamos que a nosa Terra era ben pequena era só porque endexamais poderiamos concebir nada grande.
Porén a pesares da desfeita do Estado de Benestar, dos políticos alfaiates e do anuncio da desaparición das clases sociais parello á subrogación do obreiro coma escravo, non todas son malas novas para conmemorar o día da clase traballadora. Resulta que o os traballadores de Urbaser veñen de conquerir un fito histórico (nin Marx nin Lenin nin Castro terían ousado soñar tal): cascos ciclistas como protección para recoller o lixo en Ferrol! Certo que é coma matar dous paxaros dun tiro porque trala ancestral promesa dun carril-bici que nunca chegou as xentes debeciamos por reconvertir os cascos recén mercados. E dado que andar en bici en Ferrol é un deporte de alto risco, non apto para cardíacos. Amais de que os cidadáns de Ferrol Vello, Canido, Madalena xa temos casco de obra reciclado de Navantia para saír con vida do Patrimonio que se nos cae enriba, pois é de bo ver que estes pobres traballadores poidan salvar a vida perante un burato, unha fochanca ou un cascallo que veña do ceo patrimonial. O máis caroso é que caian nun camión da prevención.
E digo eu, no mundo dos raudos ácaros, haberá tamén alcaldes tan preocupados pola súa clase (perdón, caste) traballadora?. Quen sabe!. Precisariamos a lupa xigante do Melquíades de Gabo!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Consecuencias de la falta de aparcamiento

El concejal del PSOE de Cangas, Alfredo Iglesias, no llegó al minuto...

 
 

Alea jacta est, Roma!

YO ROMA, ROMA MÚSICA. Anoche estuve escuchando a la tuna en la Plaza Mayor de Salamanca, pero...

 
 

DANIEL CAPÓ

9 de agosto de 1942

Una regla universal nos dice que, casi en cualquier ámbito, las personas excepcionales son...

 
 

EUGENIO FUENTES

Tácticas nuevas para viejas redes

Los atentados por atropello o apuñalamiento no se inventaron en Niza...

 
 

J.M.EGUILETA*

As pontes sobre o río Miño

A historia dun territorio ten moito que ver coa das súas pontes. Iso lle contaba ao equipo da...

 
 

JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI)

Veranos

Para Luis Rebolledo El verano es un buen tiempo para recuperar la medida del mundo, salvo que...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine