tRIBUNA LIBRE

Castro, un exemplo

28.04.2014 | 02:15

O anuncio da intención do compañeiro José Castro de deixar a primeira liña da política socialista en Bueu, deixame un mal sabor de boca. Sempre toman estas decisións os que teñen unha conciencia clara de servicio as ideas e os veciños e son un exemplo de sensatez e compromiso. Botaremos de menos a José Castro, a súa claridade, a súa vocación de servicio en Bueu e no PSdeG-PSOE, pero con ésta decisión está rendendo outro servicio impagable a sociedade buenense e sobre todo o socialismo.

Coraxe e vocación en tempos difíciles; exemplo de diálogo e accesibilidade, conciencia clara do que e a quen representa desde os seus postos de responsabilidade. Para min a marcha de Castro deixa un valeiro difícil de cubrir, pero estou seguro que sempre estará cando precisemos dos seus consellos, do seu compromiso e da súa axuda. Gracias amigo José, Gracias por amosarte tal e como realmente eres, sin doblez e con firmeza nas conviccións. Botareite de menos na procura de soluccións aos retos que teñen os socialistas e os cidadans no Morrazo. Agardo que nun día non moi lonxano poidas volver para aportar ese vontade túa de superación e ilusión que tanto precisamos. Gracias sobre todo polo exemplo e sencillez.

(*) Miembro del PSOE de Cangas

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine