segunda feira

Broa

21.04.2014 | 01:10

Ouvín pronunciar a palabra broa por primeira vez na Pedra de Vigo, sendo eu verdadeiramente infante. O meu pobre pai dirixíase a unha vendedora de pan e preguntáballe, en galego, e delectándose na fonética, a canto era a libra de broa. Souben, daquela e para sempre, que o nome do pan de millo en galego é broa, que os diccionarios preferen rexistrar boroas indubidabelmente influídos pola verba leonesa boronas. Presúmese, con moito fundamento, que o pan feito con millo miúdo en Galicia común antes da introducción do millo americano, tamén recibía o nome de broa. Acábome de dar conta de que a palabra está desparecendo en Galicia, no uso corrente e diario. Non así en Portugal, onde o termo broa goza de excelente saúde especialmente nas zonas minhota e trasmontana. Agora en Galicia todo o mundo fala en "pan de millo", convén, pois lembrar, que do mesmo modo que a boa palabra galega para designar os moluscos do xénero octopus é polbo, a palabra antiga, prestixiosa e patrimonial que temos no idioma para chamarlle ao pan feito con fariña milla é broa ou boroa. - cal é a orixe etimolóxica de tal broa? Podemos aplicarle, certo, a doutrina Meyer-Lübke. Segundo o ilustre romanista, sempre que encontremos en Galicia ou no Norte de Portugal (Gallaecia, en rigor) unha palabra de orixe xermánica que sexa descoñecida nas restantes linguas románicas da Península podemos pensar que a súa orixe e sueva e non gótica. Un exemplo ben coñecido dos filólogos é a palabra labercas, que ten camaradas en todas as linguas xermánicas. Na Península só existe laberca en galego e no portugués dialectal. Logo é sueva. Veñamos pois, a broa. Non sei en todas, pero nas linguas xermánicas antigas e modernas polas cales teño pasado máis ou menos ocasionalmente, o pan recibe nomes coma BROT (en alemán) ou bread (en inglés). Broa é pois voz prexermánica e, máis concretamente, introducida na nosa lingua polo suevos que fundaron o Reino de Galicia cando non existía nin León, nin Castela, nin Aragón, nin Cataluña, nin cousa ninguha deste tipo. Coido que Corominas (nada de Coromines) se perde ao lle procurar a borona unha orixe prerromana máis ben fantástica. Ah, máis aló da forma xermánica, haberá que ascender á raíz indoeuropea bher-: idea de "masa, fermento", Eu fago votos porque a broa ou boroa galega non se extinga e que poidamos seguir desfrutando do sabor do millo e do tasto misterioso da palabra suévica.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Consecuencias de la falta de aparcamiento

El concejal del PSOE de Cangas, Alfredo Iglesias, no llegó al minuto...

 
 

Alea jacta est, Roma!

YO ROMA, ROMA MÚSICA. Anoche estuve escuchando a la tuna en la Plaza Mayor de Salamanca, pero...

 
 

DANIEL CAPÓ

9 de agosto de 1942

Una regla universal nos dice que, casi en cualquier ámbito, las personas excepcionales son...

 
 

EUGENIO FUENTES

Tácticas nuevas para viejas redes

Los atentados por atropello o apuñalamiento no se inventaron en Niza...

 
 

J.M.EGUILETA*

As pontes sobre o río Miño

A historia dun territorio ten moito que ver coa das súas pontes. Iso lle contaba ao equipo da...

 
 

JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI)

Veranos

Para Luis Rebolledo El verano es un buen tiempo para recuperar la medida del mundo, salvo que...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine