Unha aposta tímida pola conservación

20.04.2014 | 01:15

O recentemente aprobado Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia ten de positivo o feito de regular espazos e aspectos novedosos do noso territorio. Pero as sombras existen, comezando pola súa mesma orixe. É indefendible que un país coas súas principais actividades económicas estreitamente vencelladas ós seus recursos naturais non aposte de forma máis decidida por un desenvolvemento sustentable, a pesar de que é mencionado reiteradamente no decreto. Xa na proposta de espazos a protexer queda patente a escasa ambición de futuro, pois somos de lonxe a comunidade autónoma coa proposta máis tímida de protección, menos do 12% do noso territorio proposto como LIC, fronte a unha media española do 23%, peor no caso das ZEPAs cun 3% do territorio (fronte unha media española do 20%). Isto agrávase por ser espazos de pequena dimensión e non interconectados, o que dificulta o obxectivo máis básico, a protección de hábitats e especies representativos.

Se o proxecto galego nace con espírito conservador, o plan director confirma esta aproximación inicial. En xeral, regula novas actividades sen intervir en actividades previas claramente incompatibles cos valores de conservación que o plan afirma defender (actividades mineiras, cultivos forestais con especies non autóctonas, instalacións acuícolas, etc.). Ademais, supedita unha gran cantidade de usos ás normas sectoriais vixentes, o que fai que o Plan Director se converta nunha mera formalidade sen aportar demasiado no aspecto regulatorio.

Este conservadorismo vese agravado por constantes incoherencias entre obxectivos de conservación e medidas de xestión. A RN2000 e o Plan Director defenden a conservación pero tamén o restablecemento de hábitats e elementos naturais naqueles entornos no que xa existe dano ou ameaza. Conservar é relativamente sinxelo pero restablecer implica replantexarse e rectificar decisións do pasado, modificar regulacións existentes (acuicultura, caza, minería,?) , e molestar a colectivos actualmente cómodos co status quo. Asumir o obxectivo de recuperar elementos e restablecer niveis de conservación é claramente incompatible coa extremada cautela á hora de regular ou modificar as condicións de actividades existentes e moi excluintes. Tamén se defende un aproveitamento sustentable dos recursos naturais e afírmase apostar polo mantemento de usos tradicionais compatibles. De novo, conservar si, pero a recuperación de actividades realmente tradicionais implica un esforzo intenso de información e financiación para incentivar e apoiar usos en desaparición, como a gandería extensiva, o uso de abonados naturais, a limitación de biocidas, a recuperación de especies e técnicas de cultivo autóctonas, etc. Usos que xeran múltiples beneficios sociais pero que requiren un esforzo por parte do produtor afectado que debe ser recoñecido e remunerado socialmente.

En definitiva, perdemos unha oportunidade máis de adoptar unha visión de longo prazo e de reconducir o modelo de desenvolvemento económico cara a sustentabilidade real. Se a nosa aposta diferenciadora é por unha Galicia verde e de calidade, as nosas decisións sobre o territorio deberían ser máis coherentes con esta estratexia e moito menos conservadoras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine