Fai uns días, o pasado 9 de abril, despedímonos do noso amigo Mario, compañeiro de Corporación no Concello de Bueu desde o ano 2011. Foi un día triste, de sentimentos contradictorios, de reflexionar sobre o valor da vida das persoas, e de estar ao lado da familia do noso amigo. Con Mario compartía algunha das pasións da miña vida: a partida ao subastado, a pasión polo Atlético de Madrid e, nesta última etapa, o traballo institucional no Concello de Bueu.

Teño que recoñecer que contar con Mario na lista electoral das pasadas eleccións foi todo un acerto. Sabíamos que contábamos cunha gran persoa, de ideas claras e de firmes conviccións, de ideas políticas pero sin ideoloxías que o encorsetasen; en definitiva, sabíamos que chegara a nós unha boa persoa que nos ía conquistar. Non fai falta estar moito tempo na política para recoñecer cando unha persoa realmente está comprometida co seu pobo, cos seus veciños e coas súas veciñas, e desde o primeiro momento démonos conta todos de que Mario era unha desas persoas. Aportóunos en todo momento tranquilidade, paciencia, madurez, cariño, afecto, compromiso, coherencia, honestidade.....da que todos aprendemos e nos sentimos orgullosos do seu legado. Non resulta fácil atopar na vida a persoas como Mario, moito menos na política; por iso, nunca debemos esquecernos de persoas como Mario porque son unha fonte de inspiración para os que creemos que desde a política debemos contrib uir a conseguir un mundo mellor, máis xusto, en plenitude de valores.

Comentei antes que foron días de sentimentos contradictorios, porque estabamos tristes, orfos, pero tamén agradecidos polas mostras de afecto e de solidaridade que centos de persoas lle fixeron chegar á súa familia.

Por todo o que significache para min a nivel persoal, o meu máis sincero agradecemento; por todo o que aportache a política municipal e por todo o que traballache por Bueu e pola súa xente, como Alcalde do Concello de Bueu, o meu recoñecemento e admiración.

Unha aperta compañeiro e ata sempre.

* Alcalde de Bueu