Hoxe é un día dos mais tristes na miña vida. Deixounos MARIO. Si, en maiúsculas. Tómome un momento para dedicarlle unhas palabras ao noso compañeiro e amigo. Dende o día en que o coñecín puiden darme conta de que se trataba dunha persoa boa, con valores e un enorme corazón. Estoulle moi agradecido polo gran exemplo que nos deu a todos: mostrounos que a pesar das circunstancias adversas nas dificultades podemos valorar, apreciar e gozar a vida e que é posible alcanzar a felicidade por pouco que nos pareza.

Sempre lle lembraremos porque loitou até o final. Foi un verdadeiro guerreiro que sempre se aferrou á vida a pesar da enfermidade e non se deu por vencido.

Todos os que chegamos a coñecelo debemos sentirnos moi ditosos por todos os bos momentos que puidemos compartir ao seu lado. Foi el quen me deu o seu apoio incondicional nos avatares da vida municipal, coma se eu fose o seu irmán pequeno. Ou así me consideraba eu.

Non me quero esquecer da sua muller, Carmen, e das súas fillas, Cristina e Silvia nestes momentos tan duros, así como ao resto da súa familia.

Grazas MARIO pola túa sinceridade, tratándome como ao teu irmán maior que es de todos. Até sempre COMPAÑEIRO, volta atrás o camiño continua, ás veces entre a néboa e a choiva que acrecentan o frío e a nostalxia.

*Concelleiro de Servizos de Bueu