Sempre que invitaba alguén a cear dicíalle, "vivo no canellón da rúa Real"; "¿En cal deles?"; "Subindo polo Berbés, pasas o Ovo, o canellón de Castelao".

É que a historia deste canellón é coma a meirande parte dos escuros canellóns de Vigo. O comezo estaba pintado de gris ata o primeiro piso (sendo un edificio de pedra) e, coma en tódolos muros, estaba ateigado de pintadas horribles que danaban a estética do Casco Vello e as súas paredes de pedra.

Ata que un día, a xente da Revolta, decidiu darlle vida, pintando un mural de Castelao, e dende ese día non houbo ningunha pintada máis nesa parede, e pasou ser un elemento máis do noso canellón e do Casco Vello. É curioso como o que é unha obra de arte noutros países, ata o punto de expoñer graffitis no Museo de Nova York, neste país o consideramos vandalismo.

Como o que é unha obra que detivo o continuo deterioro estético da parede se elimina sen miramentos, con crueldade e sen ningún tipo de agradecemento póstumo.

Porque o graffiti o que fai normalmente é dar vida a unha parede morta.

Será que os grafiteros son uns delincuentes.

Será que as súas obras emporcan as paredes.

Será que non sabemos ser cidadáns...

Pero como dicía o noso mural: "Non se pode ser cidadán onde non hai xustiza".