TRIBUNA LIBRE

A nova piscina

03.04.2014 | 02:06

Son unha veciña de Silleda e quería discrepar un pouco sobre a construción das novas piscinas de Lalín. Estiven quince anos da miña vida nadando, primeiro estiven nos cursillos de natación e logo xa pasei a formar parte do Clube Natación Lalín disputando en grandes competicións. Para min non só foi un orgullo levar o nome do clube por toda España e Portugal, senón tamén a educación e os valores que adoptei. Todos os rapaces e rapazas que conformaban este clube adestraban todos os días na piscina municipal de Lalín. Eran unhas piscinas moi boas, tiñan as súas gradas para que foran os pais ver como nadaban os seus fillos, tiña a suficiente profundidade para tirarse de cabeza ou facer a saída de costas sen problema ningún, tiña trampolíns e tiña un espazo o suficientemente grande para que andiveran as personas por alí sen chocar coas demais.

Agora ben, non sei con que finalidade se decidiu construir estas novas piscinas. Imaxínome que se decideu facelas para deixar impresionados á xente de fóra, xa que o pensamento é facer de Lalín unha cidade, entón como non se vai permitir o Concello de Lalín ter un complexo deportivo cunhas pistas para xogar a balonmán, fútbol sala, baloncesto... cunhas canchas para xogar ao padel, cun ximnasio, cun spa... ¿¡Como non vai ter unha piscina en condicións!?

Unha piscina que non ten espazo ningún, non ten profundidade, non ten trampolíns, non ten gradas, considero que non está á altura do deporte lalinense. Os pais dos rapaces teñen que ir desde fóra a mirar a través das cristaleras se os seus fillos están a nadar, por non dicir que se dentro de dez anos hai xente necesaria para formar un clube, esa xente non vai poder competir porque nunca saberán como tirarse de cabeza ou facer unha saída de costas, xa que non hai trampolíns nin a suficiente profundidade para facelo. Entendo que en calquera Concello o que se pretende é ir mellorando, sen embargo neste caso vaise para atrás.

Por todo isto, solicito no meu nome, e seguramente no nome de moitas persoas de Lalín e arredores, que se teñan en conta estas argumentacións e se reconsidere a adaptación das piscinas do gran Lalín Arena para poder adestrar decentemente e así poder ter a posibilidade de formar un clube de natación. Estou convencida de que vostede, D. Xosé Crespo, entende esta situación como persoa deportista e ten a suficiente capacidade como Alcalde de Lalín de facelo posible.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La imagen

Probablemente, lo peor de lo que ha ocurrido estos días con el overbooking de visitantes a las...

 
 

Cánovas, Rodrigo, Adolfo y...

Mi amigo Paco García, que vive en Gijón dedicado a altos menesteres...

 
 

ANXEL VENCE

Maridos de la muerte

Enamorados de la muerte ajena e incluso de la suya, los soldados de la Guerra Santa acaban de...

 
 

FERNANDO SCHWARTZ

El horror

La naturaleza de la mezquindad humana

 
 

PEDRO DE SILVA

En la inopia, me temo

¿Estaremos en guerra? Veo la foto de dos soldados libaneses en lucha contra el ISIS...

 
 

FRANCISCO SOSA WAGNER

Sexismo en la música

El regreso de la censura en los bailes de verano

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine