EN DIRECTO
Sigue en vivo la segunda etapa de la Vuelta: Nimes - Gruissan (203 km)
CAMPO DE GRANADA

O futuro da World Fishing Exhibition

01.04.2014 | 02:06

O vindeiro ano 2015 non se celebrará no mes de setembro en Vigo a sétima edición da World Fishing Exhibition (WFE), o evento mundial máis relevante da industria pesqueira e a feira internacional de maiores dimensións e repercusión das que teñen continuidade en Galicia. Sen dúbida, outro efecto da grave crise económica do sector pesqueiro e da anemia institucional da área metropolitana de Vigo que deixou á intemperie un acontecemento que dende hai corenta anos forma parte da historia do Vigo de entre séculos.

Fundada en 1963 en Londres, tras fondear nas cidades portuarias de Dublín, Marsella, Halifax e Copenhague, a WFE recalou por vez primeira en Vigo no ano 1973, nas instalacións que se improvisaron no porto de Bouzas, ás que volvería en 1985 para dende entón recuncar na ría viguesa cada seis anos. Unha periodicidade que ao longo destas tres décadas nunca se perdera convertindo tanto á feira da pesca viguesa, como á conferencia paralela de ministros e responsables de pesca de medio cento de países, no referente mundial do sector da pesca e, dende a pasada edición, tamén da acuicultura. Unha convocatoria sexenal que serviu de privilexiado escaparate mundial para todos os subsectores das industrias pesqueiras galegas, dende a construción naval, pasando polas complementarias, até as de procesado e distribución.

Dende a súa primeira edición a WFE foi xestionada por unha empresa británica a corporación Highbury Home Communications propietaria do "World Fishing Magazine", cuxa representación en Galicia ostentaba Alfonso Paz Andrade o propietario da veteranísima revista viguesa "Industrias Pesqueras". Dende 2006 "WFM" pertence a Mercator Media, grupo empresarial ubicado en Fareham, no condado de Hampshire, especializado na edición de revistas profesionais e organización de feiras e congresos relacionados coa pesca, cos portos e coa loxística en diversos lugares do planeta. Ademais da WFE, entre outros eventos, promove este 2014 en Hamburgo a "Motor Ship", en Nápoles a "Offshore Mariculture", en Barcelona a "Green Port", en Shangai a "Sea Work" ou a en Kópavogur, un arrabalde de Reykjavick, a "Icelandic Fisheries Exhibition".

É innegable que a actual crise da World Fishing Exhibition en Vigo nada ten que ver co éxito da última edición celebrada en 2009 nas instalacións do IFEVI en Cotogrande. Superáronse daquela todas as marcas: 400 millóns de euros de negocio, 500 expositores, 800 empresas de 51 países, 70.000 visitantes, dos que 55.000 foron profesionais acreditados e 25.000 estranxeiros. Nin tampouco coas conclusións da conferencia de ministros de pesca onde naceu o concepto de "pesca responsable". Un éxito de participación e cifra de negocio que tivo os seus efectos sobre a hostelaría viguesa, sobre o funcionamento do aeroporto de Peinador, como e sobre todo na proxección internacional de Vigo como capital das industrias pesqueiras do arco atlántico europeo.

As razóns polas que a WFE non se celebrará o vindeiro ano en Vigo teñen que ver coa diminución do seu financiamento público, achega que até agora fixo da feira un bo negocio para a empresa organizadora. Até 2009 ás achegas do Concello de Vigo, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura e Pesca (como promotor da conferencia de ministros), sumábanse as de patrocinadores privados como Caixa Galicia e Pescanova. Doado é comprender que este urdime estragouse, a caixa desapareceu e a multinacional pesqueira de Chapela loita por supervivir a pesar das pelexas dos seus accionistas. Ao que habería que engadir, e non semella menos relevante, o desánimo de Alfonso Paz Andrade, até agora presidente do comité organizador do evento e o seu líder indiscutible durante catro décadas, imputado pola Audiencia Nacional xunto outros xestores de Pescanova.

Non vai ser doado que Vigo recupere a WFE en 2016 como pretende a declaración institucional aprobada por unanimidade pola Corporación. Para conseguilo, en primeiro lugar requírese a existencia dun novo liderado forte e solvente no sector pesqueiro vigués capaz de convencer a Mercator Media, os propietarios do evento, que a pesar da dura crise económica e da perda de valor da mal chamada "Marca España", a mellor decisión para os seus intereses continuando sendo celebrar a WFE en Vigo. En segundo, precísase un acordo interinstitucional entre o Concello de Vigo, a Xunta e o Ministerio de Agricultura e Pesca para achegar axudas suficientes ao comité organizador e convocar decontado a conferencia de ministros. Se estas dúas condicións non se concretan axiña nun marco estratéxico, o calendario vai xa moi xusto, temo que Vigo perderá a World Fishing Exhibition e, o que será moito peor, porá en risco a súa posición estratéxica no liderado das industrias pesqueiras do século XXI.

bretemas@gmail.com

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

POR RAFAEL L. TORRE

El Hotel Universo

Pontevedra conoció la modernidad en aquel establecimiento tan chic y disfrutó mucho de sus...

 
 

La calle que debe ser para Pepe Simón

La clase política, ya se sabe, no acostumbra a tener buena memoria....

 
 

JUAN JOSÉ MARTÍNEZ JAMBRINA*

Proust en el olivar de Saramago

El análisis de los psicoanalistas de los llamados "locos geniales"

 
 

MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ COELLO

Orense Balneario tiene mar

Orense Balneario tiene mar. Es una localidad integrante en el partido de Tres Arroyos, al sur...

 
 

PILAR GARCÉS

Las dos Españas de Sabadell

La propuesta de quitar a Machado, Quevedo o Goya del callejero de la localidad catalana

 
 

PEDRO DE SILVA

Cargas de nuestra civilización

El objetivo del terrorismo, como su nombre indica, es provocar...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine