Ante as informacións saídas na prensa no apartado correspondente a esta bisbarra de Deza-Tabeirós-Montes do xoves día 27 de marzo en relación coa piscina climatizada da Estrada, como usuario que son desta dende que se abriu ao público teño que manifestar que sempre mantiven e manteño unha grande amizade persoal coa dona e xestora da anterior empresa concesionaria Dinamik,S.C.D. á que hai case nove anos tiven o privilexio de coñecer e á que entón lle fai e recomendei a todos e a cada un dos traballadores que entón desempeñaban o seu traballo na piscina.

teño que dicir a verdade porque, como dixo alguén neste país hai tempo, "se non o digo rebento". Nunca Dinamik, S.C.D. deixou a concesión que tiña da piscina climatizada da Estrada por diferenzas cos seus traballadores.

Deixouna porque outras concesións que tiña a devandita empresa non saíron como era de esperar, no sentido de que as administracións responsables destas non responderon en tempo e forma aos pagamentos que lles correspondían, e antes de arrastrar aos traballadores da piscina climatizada da Estrada, ao inevitable paro, buscouse a solución que hai case un ano parecía a mellor e que, resulta que por avatares do destino, non foi así.

Dende logo quen lle dixese á prensa do día 27 de marzo de 2014 que "Dinamik intentou salvar a piscina e tamén recibiu o seu guantazo, como agora sofre esta empresa co que marchou correndo" saberá por qué o fixo e alá ela ou el ou elas ou eles coa súa conciencia. Pero ao facelo faltaron á verdade.

A dona de Dinamik S.C.D. sempre tivo un comportamento correcto e educado e exemplar cos seus traballadores e cos usuarios da piscina. - sempre deu facilidades para que os seus traballadores se sentisen cómodos e contentos no desempeño das súas funcións. Polo tanto o de "guantazo" e "marchou correndo" sobran para cualificar aquela situación que agora todos botamos de menos. - moito. Recordo que moitas noites chegaba á piscina e en recepción me dicían que xa non había chaves para as taquillas porque estaban todas entregadas. - había que preocuparse de busca alguén que saía para pedírllela e poder así gardar a mochila.

Eses tempos pasaron e non por culpa da ditosa crise senón por outras circunstancias que a actual empresa concesionaria debería de explicar pero dicindo só a verdade e nada máis que a verdade e non terxiversando e manipulando a realidade actual da piscina da que a devandita empresa e os que a encobren son os únicos responsables.

*Veciño da Estrada e usuarioda piscina climatizada