As pegadas no tempo son inmemoriais, desde a máis lonxana estrela ata o seixo máis cativo que atopamos no camiño. Así coma non todas as invernías son as mesmas, na procura de glaciacións, non hai moitos séculos que unha semiglaciación asolara a Europa e o Norte da Península Ibérica, no tempo do Medievo, nos que a construción do Pórtico da Groria atopábase na súa efervescencia. O Mestre Máteo precisaba de moita man de obra e en Francia rematarase de construír a Catedral de Chartres. Comezou naquel tempo unha emigración de mau especializada cara Santiago e para elo viñan polo Camiño Francés, cheo de hospitais e albergues para peregrinos; máis todos eles, ao chegar a vila de Villafranca, non daban pasado porque os pontóns para cruzar os ríos non existían, debido aos arrastres das fortes augas, e a neve impedíallelo paso. Quedando amoreados durante meses. Outros, xa non seguen cara diante e quedan en Ponferrada. A Merindad de Cornatel abre un paso pola ruta do ouro, velaí o hospital de Borrenes. E, os de Villafranca ábrense paso cara Rubia vindo polo Pazo do Castro, Outarelo e Xagoaza ata o Hospital de A Rúa, perto da Igrexa de Santo Estevo.... Así principia a historia dun camiño, contada por Charpentier.Investigadores como o catedrático de historia Ramón López Caneda, Isidro Tato, Castro Voces, o propio Pai Sarmiento e moitos outros, fálannos dun camiño empregado ata o século XIX, que percorre as catro provincias galegas, pasando por auténticos lugares da natureza, nos que aínda é posíbel recargar os nosos pulmóns e o noso sangue de "prana"(alento,respiración,vida), como explica o Upanisad.O nome que se lle dá a este oitavo camiño é o de Camiño de Inverno.

Quero subliñar aquí a importancia que ao longo destes 13 anos de percorrido teñen as catro asociacións deste que o conforman. Todas elas levan traballado a eito para conseguir o recoñecemento que este camiño merece. Son de gabar as paxinas web creadas por dúas delas (www.camiñodeinvierno.es e www.caminodeinvierno.com), así como o traballo realizado no Bierzo polo Alcalde de Priaranza coa tan correcta sinalización ata Puente de Domingo Florez e os traballos realizados pola Asociación de Rodeiro cos seus respectivos alcaldes. Isto é un claro exemplo de sumar forzas e non restar.

Recentemente veu a sumarse, con todos eles, Manuel Estévez, un periodista e comisario de Exposicións, que lles ofrece realizar unha ao longo de todo o Camiño, principiando en Ponferrada e rematando en Santiago, cun peregrino moi especial que recibe o nome de Espantallo. Este personaxe vai ir aparecendo nas hortas e eidos por onde pasa o Camiño, e...iran expoñendo fotografías, obras de arte, esculturas, obras de Teatro de coñecidos creadores da nosa cultura e de outras foráneas. Conta con máis de 20 artistas e de momento o pintor Baldomero Moreiras está realizando o cartel da Exposición.

Esta fermosa historia do Oitavo Camiño cara Santiago.Fálanos de entrega, unión, forza e un proxecto común. Reaxir as "liñas lei",que percorren e unen os lugares sagrados do noso planeta, os vórtices ou chakras de Gaia.No cerne do corazón atopase Compostela. E para que bata e teña vida, todas as células do corazón traballan en conxunto. Fagamos logo posible a circulación da Vida da Luz das Estrelas cara o Sol da lesa Humanidade en Paz e Harmonía.