Ramiro, o músico capador

FRANCISCO ROZADOS*

24.05.2013 | 09:11

A semana pasada perdemos un dos músicos populares máis carismáticos do Concello de Forcarei e da Terra de Montes, Ramiro, máis coñecido como "O capador de Muras". Ramiro era un deses recoñecidos representantes da música popular que decidimos premiar nun dos apartados das medallas do Gaiteiro cando gobernaba David Raposeiras e a Festa do Gaiteiro tiña un relevo especial en toda Galicia.

Era un deses músicos agradecidos que sentían que o sorriso cómplice do que escoita o son dunha gaita ben temperada non ten prezo. Dicía o poeta Giuseppe Mazzini que a música é a fe dun mundo do cal a poesía vén sendo a filosofía. Sen música e sen poesía a vida é demasiado prosaica, valla a redundancia.

Sinto a necesidade de escoitar música todos os días, porque a música, e iso dicíao outro xenio da literatura, Milan Kundera, é coma un bombín para inflar almas. Algún día teremos que pagarlle todas as alegrías que lles debemos ós músicos populares.

Na nosa terra hai e houbo moitos: dende Avelino Cachafeiro a Jesús Campos, un dos poucos "históricos" que sobrevive, pasando por Adelino Pichel, os irmáns e sobriños de Avelino, Jaime Barreiro, Antonio Villaverde, Moncho Pichel, Joaquín Barreiro, Nito de Cachafeiro, Paco de Daniel, Manuel Cabada, o Buche, os Terribles de Presqueiras, Tomás Villaverde de Aciveiro, Xoán López ou Diego da Cana. Todos eles, e agora os máis novos, que forman parte das bandas de música e de gaitas, puxeron o seu gran de area para completar a paisaxe musical de Forcarei e da Terra de Montes.

Hai moitos críticos que desprezan a música popular, sen pensar que dela naceu a música culta.

De igual xeito, ás veces a ciencia rise dos remedios caseiros e aldeáns pero, despois aparece un día un científico que cae na conta de que túa avoa tiña razón, desenvolve toda unha teoría, recibe o premio Nobel e véndeche a trinta euros a pomada que túa avoa che untaba de balde e con moito máis cariño.

Por iso cómpre reivindicar o popular, sexan pomadas ou músicas. - por iso cómpre non esquecer a homes coma Ramiro, que sabía coma ninguén o valor dunha alborada ou dunha muiñeira tocada despois de xantar nunha carballeira, coma o día oito de Aciveiro sen ir máis lonxe.

Este ano, en setembro, ímolo botar de menos. Grazas por todo, Ramiro.

*Escritor de Forcarei

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine