CUARTO CRECENTE

O ouro da terra

MANUEL BLANCO

19.05.2013 | 03:42

Os cidadáns das chamadas sociedades democráticas teñen interiorizada a idea de que o progreso chega sempre da man de bos resultados económicos e de que a calidade de vida vai ligada, polo tanto, á posesión de diñeiro. Todo parece desmentir esta hipótese, pois a observación da realidade global amosa que ese mal chamado progreso estanos a levar a un desastre ecolóxico a nivel planetario, en tanto que a calidade de vida dos cidadáns é cada vez máis inasumíbel.

Vén isto ao caso por mor do Plan Sectorial de Actividades Extractivas do Goberno galego, que se encontra en período de tramitación e consultas, e que pretende converter a Galiza nun lugar aberto ás empresas mineiras. De saír adiante, calquera zona do país, xa se trate dunha zona agrícola, un espazo natural protexido ou dun xacemento arqueolóxico, poderá ser explotado e feito desaparecer para sempre. Trátase dun plan que, unha vez máis, deixa ás xentes do común á marxe de importantes decisións que terán repercusións graves na colectividade, e que só pretenden beneficiar ás multinacionais da minería.

O proxecto máis coñecido neste intre é o da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) que a Xunta cualifica de "proxecto industrial estratéxico" e que non ten como obxectivo inmediato o benestar dos galegos e galegas, senón o de alimentar os mercados especulativos. O lema "Galicia é unha mina", empregado pola Xunta para defender a actividade mineira no noso país, amosa o cinismo duns dirixentes que, hoxe si e mañá tamén, están a vender o país a intereses alleos. Para eles somos algo así como unha neocolonia fornecedora de materias primas e almacén do refugallo resultante de seu.

Pero hai unha cara oposta a este punto de vista puramente economicista e devastador, unha guía de ruta na protección da natureza e na obtención, á vez, dunha riqueza extraordinaria: a que se cultiva na súa superficie sen destruír recursos. Estamos a falar da agricultura ecolóxica, unha actividade en ascenso nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, e que marcaría o camiño a seguir na explotación racional duns recursos inesgotabeis que as explotacións mineiras destrúen para sempre.

Ambas as dúas comarcas constitúen agora mesmo, e segundo o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, un referente nese novo paradigma agrícola que ofrece produtos tan variados coma hortalizas, legumes, froitas, castañas, cogomelos, mel, leite e derivados, sidra --que comeza este ano a súa distribución a 30 estados de Estados Unidos--, ou froitos silvestres, nos que o concello de Forcarei é o emblema da zona.

Cómpre destacar, así mesmo, a Feira de Sementes Ecolóxicas de Leboso, afianzada pola Fundación Galicia Verde e que é tamén referente en plantón e sementes ecolóxicas. Un acontecemento no que participa a Rede Galega de Sementes, e que potencia o troco de sementes autóctonas e locais, supoñendo ademais un evento importantísimo na conservación de variedades propias do país que, doutro xeito, correrían o risco de se perder e que supoñen un baluarte fronte aos produtos transxénicos que ameazan cada vez máis o mercado e xogan coa saúde dos consumidores.

Este é, sen dúbida, o verdadeiro ouro da terra, sempre agradecida, e para cuxa obtención non é necesaria a súa mutilación. Unha riqueza inesgotábel, que crea recursos no rural e proporciona calidade de vida por canto se trata de produtos que non son envelenados con agrotóxicos. O outro ouro, o que implica a destrución de ecosistemas e da paisaxe, esa matria que nos integra e nos acolle, non é máis que pan para hoxe e fame para mañá.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La imagen

Probablemente, lo peor de lo que ha ocurrido estos días con el overbooking de visitantes a las...

 
 

Cánovas, Rodrigo, Adolfo y...

Mi amigo Paco García, que vive en Gijón dedicado a altos menesteres...

 
 

ANXEL VENCE

Maridos de la muerte

Enamorados de la muerte ajena e incluso de la suya, los soldados de la Guerra Santa acaban de...

 
 

FERNANDO SCHWARTZ

El horror

La naturaleza de la mezquindad humana

 
 

PEDRO DE SILVA

En la inopia, me temo

¿Estaremos en guerra? Veo la foto de dos soldados libaneses en lucha contra el ISIS...

 
 

FRANCISCO SOSA WAGNER

Sexismo en la música

El regreso de la censura en los bailes de verano

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine