ao pé do farelo

A xustiza é igual para todos

17.05.2013 | 09:27

Dende que o noso rei Juan Carlos tivo, hai xa tempo dabondo, a ocorrencia de pronunciar esta sentencia que da hoxe introdución as miñas reflexións ("A xustiza é igual para todos os españois"), non sei a chea de veces que a teño escoitado. Ás veces mesmo penso se non nos están a machacar coa letanía para ver se así nos convencemos. Nembargantes, por moito que eu queira crer a realidade que vexo, en cada esquina día a día fálame polo miúdo dun xeito ben distinto.

Hai uns días puidemos ler nos xornais a aplicación máis que dubidosa dun indulto graciable do goberno para un condenado por atropelar e matar nun accidente conducindo sen carné e cunha incuestionable taxa de alcoholemia no sangue. As razóns? Non vou entrar nelas, so digo que lle pregunten á familia dos falecidos a súa opinión ao respecto. Que lle pregunten ás viúvas e fillos orfos das vítimas inocentes da tolemia e infamia dos terroristas que opinan da redución de pena ou da aplicación dos beneficios e redución de condena por bo comportamento ou traballo, que lles pregunten aos mortos no cemiterio.

Leo, como se estivera completamente borracho, ou quizá é que me falla a vista, que o ministerio fiscal pedíu nun xuízo dous anos de cárcere para unha muller da que o delito foi rectificar, por certo, torpemente, un informe médico para gañar un día máis de descanso no traballo, que ademais perdeu, xa que ao ser descuberto o engano puxérona na rúa. Xa pagou dabondo pola tontería que fixo perdendo o traballo, tal e como están as cousas e agora a queren condenar por falsificación nun documento público a dous anos? Incrible.

Vexo no Facebook campañas para que persoas que cometeron un erro na súa xuventude, e cun delicto, se queren, ínfimo de traficar cunha papelina dunha droga calquera, sexan indultadas agora que anos despois teñen traballo e están rehabilitadas, pero non, ten que ser a opinión pública a que obrigue aos poderes do Estado a tomar a decisión correcta. En tanto que os de sempre, poden fotografarse ou o que sexa con narcos recoñecidos, sen que sexa nada malo, mesmo o Valedor do Pobo fai de voceiro impudicamente.

Vexo día a día como o fiscal, en vez de tentar facer cumprir a lei, está empecinado, so el saberá os porqués, en deixar á infanta Cristina á marxe do tema inxustificable do seu marido e os seus negocios, dimes e diretes coa corrupción e o escándalo e alarma pública que está a provocar todo este asunto na sociedade.

Leo e leo como se condena a políticos, empresarios e banqueiros e, por arte de birle birloque, o goberno exerce o seu dereito ao indulto e vanse de rosiñas e sen devolver un can nin ter condena algunha.

Leo, e non dou creto, como se condena aos xuíces que queren investigar e aplicar a lei contra a corruptela dos poderosos e as tramas que todos nós coñecemos en tanto que os imputados nos fan a peineta tan alegremente como se nada coa tranquilidade das súas contas en Suíza.

Pois, que queren que lles diga? A xustiza é igual para todos? Pero, home, se agora mesmo, grazas ás medidas do Sr. Ministro Gallardón, que, por fin, se quitou a careta, temos que pagar por pedir que se nos trate con xustiza e se aplique a lei que eles mesmos fixeron e aprobaron no seu beneficio. Como queren facerme crer nela?

Eu xa deixei de crer nos Reis Magos, a cegoña e Pulgarcito hai moitos anos.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

PEDRO DE SILVA

El dolor no nos debe hacer ingenuos

Quien suponga que las respuestas y reacciones ante los criminales...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Barcelona, ciudad abierta

Todo lo que la capital catalana tiene y debe conservar

 
 

EDUARDO JORDÁ

Lo que haremos las buenas personas

Comportamientos previsibles que siguen a todo golpe del terrorismo

 
 

CAMILO JOSÉ CELA CONDE

Libros sobrevalorados

Un escritor joven, muy prolífico en las redes sociales, ha sacado la lista de diez obras...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine