tRIBUNA LIBRE

Sobre os meus bens

16.05.2013 | 07:37
Sobre os meus bens
Sobre os meus bens

En Lalín coñecémonos todos e todos sabemos quen se adicou e se adica a traballar e a aforrar e quen a despilfarrar. Eu levo máis de 30 anos traballando arreo e implicándome a fondo en todos os proxectos que a vida me foi ofrecendo e dos que estou moi orgulloso. Primeiro, poñendo a funcionar unha boa explotación de vacún na casa dos meus pais, que teñen uns bos bens como saben os veciños; despois, cofundando a cooperativa Aprodeza, da que fun presidente moitos anos. Antes de cumprir os trinta anos iniciei unha carreira política que me levou a ser concelleiro un par de anos e alcalde os últimos 23, dos que prácticamente vinte fun tamén vicepresidente da Deputación -sendo hoxe o deputado máis veterano, agás o nacionalista César Mosquera- e catro presidente da Fegamp -cargo no que me gañei con esforzo e moito traballo, e non é falsa modestia, o respecto dos compañeiros de todas as cores políticas-.

Meus pais ensináronme moitas cousas, pero sobre todo a importancia do esforzo, do traballo e de aforrar os cartos que tanto custa gañar e a non malgastalos. Aqueles que me coñecen, que despois de 23 anos de alcalde non son poucos, saben que levo unha vida totalmente austera e tamén coñecen que o meu compromiso con Lalín e coa Alcaldía déixame moi poucos momentos libres para poder gastar e adicarme a luxos e á vida social.

As miñas retribucións nos organismos públicos ao longo de máis de 25 anos de carreira política non son ningún segredo. O meu soldo como alcalde sempre o coñeceron os lalinenses porque raro é o ano en que un par de veces ou tres non o reflictan os medios de comunicación, que sempre tiveron acceso ao meu salario, que é público. Da Deputación cobrei e cobro o mesmo ca calquera dos deputados, sexa cal sexa o partido ao que pertenzan. Unha remuneración que nunca escondín.

Na campaña electoral remitínlle aos lalinenses a miña nómina como alcalde, con 2.400 euros líquidos ao mes, que é a verdade tanxible do que percibo do Concello, sen negar nunca os meus ingresos como deputado. O que teño aforrado ao longo de 30 anos, un tercio da miña vida laboral na explotación de meus pais e dous tercios na vida pública, moitísimas veces sen a penas tempo para adicarlle nin á familia e moitos anos sen poder coller nin unha semana de vacacións, está perfectamente detallado na miña declaración de bens e calquera insidia, como a que tentan levantar os socialistas, rexéitoa de raíz. Os bens que realmente teño son unha casa, uns aforros e un plan de pensións, detallados na declaración que fixen á Deputación e que calquera pode consultar.

Semella que o PSOE de Lalín non me perdoa seis derrotas consecutivas, algunha tan dolorosa como a última na que contaban acadar uns resultados históricos e o que conseguiron coa súa política da difamación, falsidades e rancor foi que subísemos un concelleiro. Tentar menoscabar a miña imaxe con insidias cando en Lalín todos sabemos de que pé coxea cada un, quen aforra e quen non e a quen lle preocupa Lalín e non outros intereses. É cansino que saquen a relucir unha vez máis o coche da alcaldía que, como todo o mundo sabe, se mercou usado -o que xa se estaba utilizando- por pouco máis de 20.000 euros. Ten case seis anos e é realmente unha ferramenta de traballo que funciona como unha extensión do meu despacho.

Non vou polemizar máis co PSOE sobre o tema porque semella que o único que lles interesa é erosionar de maneira pouco ortodoxa a imaxe do rexedor, en vez de facer propostas aos problemas reais dos lalinenses. Como ben saben, traballei toda a miña vida política tendo como obxectivo primordial e prioritario o mellor para os veciños aos que represento. Síntome orgulloso da sabiduría do pobo de Lalín e do traballo como alcalde. É unha vantaxe grande que nos coñezamos todos, polo que o que se di dende calquera grupo político os veciños saben perfectamente como valoralo.

*Alcalde de Lalín

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A vueltas con el congreso del PP de Cangas

Que me tienen loco con el congreso local del Partido Popular de...

 
 

ANXEL VENCE

Vacaciones con mando a distancia

Aunque por la barba y el continente recuerde a un prócer...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Los medios no le dan tregua

Los medios de Estados Unidos, tal vez arrepentidos de no haber hecho lo suficiente para evitar...

 
 

ISABEL CALLE SANTOS*

Amor obsesivo como enfermedad

En 1979, la psicóloga Dorothy Tennov, publicó el...

 
 

MANUEL TORRES

El Museo del Mar

Desde hace tiempo unos marinenses, hombres de la mar, se han propuesto conseguir un local, con...

 
 

DANIEL CAPÓ

Plena soberanía

La nueva sensibilidad política que consiste en dejar solo el músculo de la voz del pueblo sin...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine