Aínda que poida resultar un argumento demasiado empregado ultimamente o certo é que unha das poucas vantaxes que presenta o feito de estar inmersos nun período de crise coma éste é que se nos brinda unha moi boa oportunidade para reflexionar acerca dos erros que cometimos no pasado e acerca dos que seguimos a cometer. Un mal endémico da nosa sociedade, que compartimos tamén coa maioría dos veciños europeos, é o problema do consumo excesivo, o comprar por comprar. Existen todavía poucas estadísticas acerca da oniomanía, que é como se denomina técnicamente ó síndrome do comprador compulsivo, pero os datos apuntan a que arredor dun 40% da poboación española merca máis do que necesita, e un 17% chega a presentar un comportamento patolóxico. Os datos invitan á reflexión, máis aínda nun período de crise onde as prácticas de consumo deberían ser especialmente responsables. Por iso sería interesante analizar o porqué destas prácticas de consumo irracional que persisten na nosa sociedad incluso en tempos de decadencia económica. Un razonamento superficial podería xustificar dito comportamento alegando que artigos como os dispositivos electrónicos de última xeración ou a roupa que unha importante porcentaxe da poboación soe mercar de forma descontrolada melloran o benestar material das persoas.

Porén, dende o meu punto de vista, o erro e a clave do problema sitúase precisamente en confundir ese benestar material co realmente importante, o benestar psicolóxico. Segundo os expertos, o benestar psicolóxico depende de factores que pouco teñen que ver cos bens materiais. Máis ben todo o contrario, posto que a felicidade parece depender de aspectos moito máis persoais como contar cunha boa autoestima, ser fiel ós propios principios ou contar con diferentes metas que nos manteñan motivados día a día. Pois ben, se cada vez son maiores as evidencias que defenden que o benestar da persoa non depende tanto de factores materiais como de elementos de tipo psicolóxico como os xa citados; ¿por qué entón tanta xente sigue dando prioridade a ese benestar material? Quizais porque para moitos sexa máis sinxelo coller o camiño máis curto, ese ó que nos inducen a publicidade ou as grandes compañías téxtiles coas súas campañas, capaces de embaucar a un número importante de consumidores creando neles necesidades absurdas. Outra posible explicación pode ser o medo a coñecer como realmente somos. Por iso, ante a posibilidade de decepcionarse ó intentar buscar o benestar nun mesmo moitos tentan distraer esa preocupación centrándose nese efémero benestar material. Un claro exemplo de mecanismo de autoengaño freudiano que facilita a supervivencia, aínda que sexa a costa dunha falsa compracencia.

Ademais dos matices de psicolóxico que van ligados ó consumo compulsivo, esta práctica conduce tamén, na miña opinión, a un conflito ético. O conflito radica en que moitas multinacionais do téxtil, algunhas delas con sede no noso país, abastécense con produtos procedentes de fábricas situadas en países onde o respeto polos dereitos dos traballadores brilla pola súa ausencia. A traxedia de Bangladesh, con arredor dos mil mortos, reabre o debate acerca de ata que punto os consumidores occidentais somos responsables de que situacións laborais denigrantes como as que se dan en moitos países asiáticos se sigan a manter.

*Veciño de Xaxán (Lalín)