tRIBUNA LIBRE

Amigo lobo (I)

02.05.2013 | 07:36
Amigo lobo (I)
Amigo lobo (I)

Escribo esta columna non moi convencido da súa idoneidade ao non querer avivar máis, que así vai ser, un tema manido como é o conflito do lobo. Sabedor de que hai que ir con moito xeito e prudencia nun debate xa tan mallado e de posturas tan confrontadas, pois abordalo sempre dende o difícil punto de vista da conservación da biodiversidade (o centro de importancia radicaría na conservación xenética das súas poboacións) lamentablemente vén sendo acollido con pouco respecto e aceptación por parte dalgúns sectores (que non todos).

Co lobo por medio, a algúns pouco gusta calquera outro intento de explicar o problema de fondo neste asunto. Unha profesora da universidade (de Ecoloxía Terrestre) sempre dicía que o estudo das ciencias do medio ambiente semella non ter cancelas e fálase dela coma se de fútbol se tratara, materia presta a ser entendida e corrixida máis profusamente polo afeccionado que os propios adestradores. Co lobo idem, e de aí o grande obstáculo para divulgar e defender o que nos descobren os investigadores sobre os aspectos que envolven ao lobo. Directamente o xermolo do problema radica na falta de xestión e planificación real, acompañado ademais da incomprensible renuncia a considerar factores científicos básicos aplicados, precisamente, en favor de facilitar a súa coexistencia nun medio natural transformado. Falando con expertos na materia, un aprendeu xa a que, en materia de lobo e neste país, manter un oportuno silencio resulta a maioría das veces o máis prudente para a preservación dun dos últimos carnívoros salvaxes do continente europeo.

Non obstante, hoxe decántome por expresar o que realmente sinto por esta especie, o amigo lobo, aldraxado e admirado a súa vez por lexión de cidadáns, do que moito se fala pero moi pouco se coñece. Vaia aí entón, para agregar ao pensamento colectivo, e a modo moi concentrado nestas liñas, outros elementos de valoración distintos, cunha base que bebe de publicacións e artigos científicos, coma contrapeso das teses concibidas dende o colectivo popular e doutras fontes intrusas procedentes de ciencias alleas ao ámbito da ecoloxía e xenética de poboacións que é dende onde se debe focalizar a solución ao problema.

Tamén manifestar a comprensión sobre o sentimento de impotencia no tocante ao impacto económico, máis tamén psicolóxico, que aflora sobre a poboación rural prexudicada. É un problema efectivamente que precisa de sensibilidade e atención, información e moitas explicacións, grolos de pedagoxía, pero sobre todo de asistencia e resposta inmediata, antes durante e despois por parte dunha administración que debe velar por ponderar intereses de conservación da natureza e o desenvolvemento das economías rurais (explotacións gandeiras).

Dicir xa que a maior parte dese prexuízo debese maioritariamente a un problema de xestión técnica asentada nun criterio político que realmente se desentende de afrontar responsablemente este fenómeno. Si, un esforzo neste camiño remataría cos elementos críticos deste problema, e permitiría tamén prever situacións anormais esporádicas. Non obstante, a situación actual preséntase ao revés do que sería desexábel, os danos que deberían ser puntuais e anecdóticos (así como asumibles) desvelan a xestión descontrolada existente, propiciatoria de malestar (gandeiros) e grave risco de conservación para a especie a medio prazo. Non é posible que Galiza contando cun Plan de Xestión de Lobo, aprobado por Decreto (297/2008) (por certo, que moi duro foi de roer durante case unha década), incumpra sistematicamente a súa aplicación e do que so se ten aplicado decididamente, a xeito esfarelado, a caza con morte do animal (por certo, descoñecéndose, en contra do propio Plan, os lobos que se matan deste xeito, da que se nega información incluso ao propio Valedor do Pobo).

Aos afectados deberíaselle explicar o por qué a administración non se esforza o máis mínimo en aplicar a integridade de cada unha das múltiples medidas que conforman o plan. Actuar conforme a unha norma aprobada legalmente -preventivamente- resultaría máis barato e beneficioso para todos. Non se trata nin de austeridade presupostaria nin descoñecemento na materia, chámase irresponsabilidade. Cabe dicir, neste senso, que existe un nulo seguimento científico e da evolución da poboación lobeira galega, dos seus factores de mortalidade (os últimos censos realizados entre o 2001 e o 2003); do fomento de medidas de prevención do gando ou da precariedade ou nulo esforzo económico na indemnización ou compensación por danos ou medidas para diminuír danos (este ano nin se convocou a orde por danos, e as indemnizacións son pírricas e chegan con moito retardo; cero na sensibilización e educación ambiental e valores do lobo, aspecto estes incluso tomados a mofa. Pero entre todos estes flagrantes incumprimentos hai un que representa o desleixo na xestión do lobo no país, o referido á constitución do denominado "Comité de Asesoramento para a xestión e conservación do lobo, que estará integrado por científicos e profesionais de recoñecida competencia nesta materia" tal e como recolle o Decreto. Case catro anos despois non existe (sucede o mesmo co foro de participación do lobo das partes implicadas).

Con este panorama os gandeiros quedan abandonados a súa sorte, pero o lobo e a súa conservación tamén.Con rigor haberá que dicir entón que coa actual implicación na aplicación do Plan do Lobo é normal que a tensión e impotencia se dispare e gandeiros e lobos, cada un a súa maneira, paguen o que a claras luces supón unha rechamante indiferenza da administración galega por querer solucionalo.

*Biólogo lalinense.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A vueltas con el congreso del PP de Cangas

Que me tienen loco con el congreso local del Partido Popular de...

 
 

ANXEL VENCE

Vacaciones con mando a distancia

Aunque por la barba y el continente recuerde a un prócer...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Los medios no le dan tregua

Los medios de Estados Unidos, tal vez arrepentidos de no haber hecho lo suficiente para evitar...

 
 

ISABEL CALLE SANTOS*

Amor obsesivo como enfermedad

En 1979, la psicóloga Dorothy Tennov, publicó el...

 
 

MANUEL TORRES

El Museo del Mar

Desde hace tiempo unos marinenses, hombres de la mar, se han propuesto conseguir un local, con...

 
 

DANIEL CAPÓ

Plena soberanía

La nueva sensibilidad política que consiste en dejar solo el músculo de la voz del pueblo sin...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine